Viña

Esta vendima será obrigatorio declarar a uva e o viño nun rexistro estatal

O MAGRAMA prevé que para setembro entre en vigor o Real Decreto sobre Declaracións Obrigatorias no Sector Vitivinícola. Avance da norma no interior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
David Glez. Iglesias 22/05/2015 8:00 a.m.

Co obxectivo de darlle maior transparencia ao sector vitivinícola e controlar a cantidade de uva e de viño que se produce, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente prevé que o 1 de setembro entre en vigor o Real Decreto sobre Declaracións Obrigatorias no Sector Vitivinícola, actualmente en fase de consulta pública.

A norma suporá un cambio importante establecendo un rexistro un rexistro de operadores no sector e un sistema de declaracións mensuais on line que será de competencia do MAGRAMA, aínda que xestionado en colaboración coas Comunidades Autónomas. As declaracións por parte dos viticultores e das adegas serán obrigatorias, con sancións en caso de incumprimento.

Ata agora a declaracións informativas eran de carácter voluntario, con rexistros por parte dalgunhas Comunidades Autónomas. No caso de Galicia, as declaracións de produción de uva e de viño realízanse a través dos Consellos Reguladores das cinco Denominacións de Orixe.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Este sistema unificado de información no sector vitivinícola, quedará adscrito ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que será o responsable do seu funcionamento coordinado.

Precisamente esta semana, o secretario xeral de Agricultura e Alimentación do MAGRAMA, Carlos Cabanas, se reunión coa Organización Interprofesional do Viño de España (OIVE), constituída por ASAJA, COAG, UPA, Cooperativas Agroalimentarias e a FEV, para analizar o borrador do Real Decreto.

Segundo fontes do sector presentes na reunión, "o Ministerio quere que o Real Decreto entre vigor para esta vendima, polo que nos pediu que presentemos alegacións no prazo dunha semana para axilizar a tramitación".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Segundo o MAGRAMA o apoio a esta proposta por parte da Interprofesional "é total, xa que considera moi necesaria para a transparencia e bo funcionamento do sector, e para a posta en marcha dunha extensión de norma". Non obstante, o Ministerio recoñece que "se deben realizar algúns axustes técnicos por un lado e por outro avanzar na simplificación co fin de reducir as cargas burocráticas"

Algúns avances do Decreto

Declaración de colleita:

Todos os colleiteiros deberán presentar anualmente unha declaración de colleita, que se presentará ata o 10 de decembro de cada ano, ante o órgano competente da comunidade autónoma onde radiquen as parcelas de viñedo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Declaracións mensuais dos operadores ( bodegueiros, almacenistas) do sector vitivinícola:

Deberán presentar mensualmente unha declaración por instalación directamente ou a través dos Consellos Reguladores, antes do día dez do mes seguinte ao que se refiran os datos.

Quedan exentos os socios ou membros dunha adega cooperativa suxeita á obriga de presentar unha declaración, que entreguen toda a súa produción á devandita adega cooperativa, aínda que se reserven unha pequena parte para obter mediante vinificación unha cantidade de viño inferior a 10 hectolitros (1.000 litros) destinada ao seu consumo particular.

Tampouco estarán obrigados a realizar esta declaración mensual os produtores que obteñan nas súas instalacións, mediante uva comprada, unha cantidade de viño inferior a 10 hectolitros (1.000 litros), non destinada á comercialización.

Factor de conversión da uva en viño:

Para a conversión das cantidades de uva en viño utilizarase o factor de 0'74 hectolitros de viño por cada 100 quilogramos de uva.

Incumprimento da obriga de declarar e sancións:

1. Os obrigados a presentar as declaracións recollidas no presente real decreto que non o fagan nos prazos establecidos, a falta dalgunha das declaracións obrigatorias así como os erros, inexactitudes ou omisións nelas que afecten ás características dos produtos ou mercadorías consignados, serán sancionados segundo a Lei 24/2003, do 10 de xullo, da Viña e do Viño.

2. Ademais do disposto no apartado 1 tamén será de aplicación, cando proceda, as penalizacións establecidas no artigo 18 do Regulamento (CE) n.º 436/2009 da Comisión, do 26 de maio de 2009.

Consulta aquí o proxecto Real Decreto sobre Declaracións Obrigatorias no Sector Vitivinícola.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada