Carne

España será o primeiro país da UE con sistemas de videovixilancia obrigatorios nos matadoiros

Preténdese garantir que se minimiza o sufrimento animal durante todas as fases do proceso de sacrificio, incluídas a descarga, o traslado, a estabulación e o aturdimento dos animais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/08/2022 10:21 a.m.

O Consello de Ministros aprobou este martes un real decreto que garante o cumprimento da lexislación en materia de benestar animal coa implantación obrigatoria nos matadoiros españois de sistemas de videovixilancia.

Grazas a este decreto, España será o primeiro país da Unión Europea con sistemas de videovixilancia para o control do benestar animal, os cales permitirán a realización de controis adicionais aos que xa se efectúan nos matadoiros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Trala publicación do real decreto no BOE, os grandes matadoiros terán un prazo dun ano para adaptarse á nova normativa e os pequenos, dous

A normativa permitirá establecer ferramentas adicionais de control que garantan que, en todos os matadoiros españois (incluídos os móbiles), se minimiza o sufrimento animal, por exemplo, durante a descarga, o traslado, a estabulación ou o aturdimento dos animais.

Gravación e rexistro de imaxes

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As cámaras de videovixilancia deberán abarcar as instalacións nas que se atopen animais vivos, incluíndo as zonas de descarga, os corredores de condución e as zonas onde se proceda ás actividades de aturdimento e sangrado ata a morte dos animais.

Os sistemas de videovixilancia non serán obrigatorios nas zonas de espera onde se atopan os medios de transporte con animais vivos antes do inicio da descarga, pero as empresas deberán levar un control do tempo de permanencia dos animais nos vehículos.

As empresas de transporte deberán levar un control do tempo de permanencia dos animais nos vehículos

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No caso de aves e porcinos, a instalación das cámaras deberá permitir a gravación do escaldado para poder comprobar que non se someten a esta operación animais que presenten signos de vida.

Os responsables dos matadoiros deberán gardar as imaxes relativas á descarga, aloxamento nos currais, condución á zona de aturdimento, suxeición, aturdimiento e sangrado ata a morte para posibles comprobacións a posteriori. Tamén terán que asegurar a reprodución, a copia ou a transmisión das mesmas a outros dispositivos con igual calidade que a gravación orixinal.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada