Carne

Escasa afluencia e sen cambios de prezos no mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
28/12/2016 6:59 p.m.

A asistencia á sesión deste mércores foi de 607 reses, 1.826 menos que á do pasado 21 de decembro. Os vogais da Mesa de Prezos da IGP Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos igual que na sesión anterior en todas as categorías e calidades.

Na Mesa de Prezos de Abasto os vogais acordaron manter os prezos do gando de recría, do mediano para sacrificar e do maior de abasto. O mercado caracterizouse por unha gran rapidez nos tratos debido á notable diminución da concorrencia de gando en relación á sesión anterior.

Máis información
-Táboa completa das cotizacións de Amio (28-XII-2016).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada