Leite

Entregas de Deleite nos Bancos de Alimentos de Galicia

Leite Noso, a sociedade que recuperou a marca, está a enviar esta semana 5 toneladas de leite ás entidades de axuda alimentaria das principais cidades de Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/05/2016 12:30 p.m.

A marca Deleite quere posicionarse no mercado como unha marca con valor social, unha liña de traballo que basea no seu compromiso cos gandeiros, a través de contratos estables a un prezo que considera xusto, e en accións de responsabilidade corporativa. As primeiras accións en tal sentido consisten en envíos de leite ós bancos de alimentos das principais cidades de Galicia, ós que se lles están donando esta semana unhas 5 toneladas de briks de Deleite.

As entregas ós bancos de alimentos comenzaron onte en Lugo, nun acto no que participaron tres granxas proveedoras de Deleite, unha de Guitiriz e outras dúas da comarca de Santiago. A donación de 720 briks de Deleite en Lugo repetiuse esta mañá na Coruña e chegará entre hoxe e mañá ó resto de bancos de alimentos das principais cidades galegas.

Os envíos de leite ós bancos de alimentos enmárcanse na campaña 'Ningún niño sin bigote', promovida pola Obra Social 'La Caixa'.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Valoracións dos gandeiros
No acto de Lugo, os gandeiros proveedores de Deleite puxeron en valor ante os medios de comunicación o diferencial que representa para eles traballar con Leite Noso. “Entre o contrato que temos agora e o que tiñamos antes, pode haber unha diferenza duns 6 céntimos por litro”, valorou Diego Fraga, de Guitiriz.

Outro gandeiro da comarca de Santiago situaba o seu caso nun diferenzal incluso maior, pois nos últimos meses estivo a traballar cun contrato que lle pagaba o 80% do leite no entorno dos 25 céntimos, en tanto o 20% restante cobrábao a arredor dos 16 céntimos. Con Leite Noso, cobra o 100% da recollida a 28,5 céntimos máis primas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada