Viña

Entrega de trampas contra a vespa veluntina en Condado Paradanta

O Grupo de Desenvolvemento Rural da comarca fai entrega dos dispositivos a viticultores e plantacións froiteiras

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/02/2024 10:00 a.m.

No marco do proxecto de cooperación de fondos Leader “Viño e Froita”, o Grupo de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta inicia a campaña de entrega de trampas contra Vespa velutina a produtores do territorio da subzona Condado do Tea da D.O Rías Baixas. O presidente do GDR Condado Paradanta, Pablo Castillo, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, e o xerente do GDR, Paco González, visitaron hoxe a adega Eido da Fonte en Valeixe, A Cañiza, un dos terreos produtivos onde xa se colocan as trampas desta campaña que reúne os principais valores do GDR: cooperación, innovación, compromiso, implicación e proactividade.

Co obxectivo de mitigar os danos producidos por pragas nos sectores vitivinícola e frutícola do Condado Paradanta o GDR entrega as trampas ás e aos produtores que participaron nas distintas actividades de investigación, recollida de datos, formación e divulgación da campaña “Viño e Froita”.

Realizada en colaboración co GDR Mariñas Betanzos e da man da Universidade da Coruña o proxecto promove a ordenación do territorio, o aproveitamento das terras agrarias abandonadas e apoio para reducir o impacto das pragas (Vespa velutina, paxaros e xabaríl) involucrando ao tecido empresarial (adegas, empresas comercializadoras ou transformadoras, produtores...).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) da Xunta de Galicia, fondos FEADER e a Administración Xeral do Estado o GDR Condado Paradanta pon o foco no sector vitivinícola por ser capaz de crear fortes relacións entre agricultura, patrimononio, paisaxe, cultura e turismo e no frutícola como alternativa de futuro.

Grazas a esta iniciativa, que tivo unha primeira parte de investigación, por vez primeira cuantificáronse datos de danos en viñedos. María Servia, profesora da Universidade da Coruña e Yaiza Rodríguez Lueje, estudante de doutoramento e técnica contratada para esta investigación, adiantan que sería convinte seguir recollendo datos ao longo dos anos. “Algo que sabemos, porque hai evidencias, é que a poboación de Vespa velutina fluctúa pero é unha especie completamente asentada en Galicia así que pode haber máis danos ou menos ao longo dos anos pero vai haber sempre. Deberíase seguir recollendo datos e avalialos agora que xa hai unha metodoloxía porque pode ser de utilidade á hora de decidir se unha liña de negocio é ou non viable”.

Segundo as investigadoras, as trampas poden ser de axuda pero hai que ser cautos á hora de colocalas porque non son selectivas e capturan outros insectos que son necesarios para un axeitado funcionamento dos ecosistemas, como por exemplo os polinizadores que son fundamentais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“O que recomendamos é que se instalen en zonas onde outros anos houbo danos e, sobre todo, o ano pasado porque pode haber raíñas que saian agora en primavera provintes de niños que estaban preto, pero onde non houbo danos non deben colocarse para non prexudicar a outros insectos”. Ademais, aconsellan revisar as trampas e observar que atrapan e, se non hai velutinas, conviría retiralas.

Outra das alternativas que se avaliaron no proceso de investigación foi a colocación de mallas antigraínzo. “Estas mallas si son recomendables e funcionan. O que vemos moi claro e que se reduce moito o dano por Vespa velutina e por paxaros, protexen frente a calquera dano físico como o graínzo, un pouco menos fronte ao xabaríl porque é capaz de rompelas, pero se lles custa traballo desiste. Só se instalan no momento de maduración da uva, no envero”.

O presidente do GDR adianta que seguirán apostando pola protección dos recursos da comarca e polo coñecemento da riqueza e potencialidades do territorio para activar as terras agrarias abandonadas e acadar un desenvolvemento integral, xusto e equitativo de tódalas partes que integran o territorio.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada