Agricultura

Entra en vigor a autorización para traballar hortas no concello de residencia habitual

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 28/04/2020 10:42 a.m.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se autoriza o desprazamento a hortas e viñedos de autoconsumo que estean ubicados ben no concello de residencia habitual, ben noutro concello pero a un máximo de 5 quilómetros de distancia da vivenda.

Para acreditar a necesidade de desprazamento a unha horta de autoconsumo, haberá que levar enriba unha declaración responsable. Esta declaración responsable debe incluír os seguintes datos: fincas nas que se desenvolven os cultivos, incluíndo a identificación da parcela; tipo de cultivos que se realizan e se se trata dun cultivo ecolóxico, haberá tamén que indicalo. Se non fose un cultivo ecolóxico, poderíaselle requerir á persoa que presente o carné de manipulador de produtos fitosanitarios.

No documento, a persoa deberá ademais declarar que leva desprazándose de xeito habitual á parcela en cuestión polo menos durante o último ano. “Todo isto sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección por parte da Administración, cara a verificar o contido de tal declaración responsable”, conclúe a Orde publicada hoxe no DOG.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Unha vez na finca, en ningún caso poderá haber máis de dúas persoas no predio e en todo momento estas deberán respetar as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos.

Agricultores profesionais
Polo que respecta ós desprazamentos de agricultores profesionais, a súa actividade queda como ata o de agora. É suficiente con que estean inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, un rexistro que poderán consultar as forzas de seguridade para verificar os datos.

No caso dos viticultores, deben portar documentos que acrediten a súa condición, como o carné manipulador de produtos fitosanitarios ou a tarxeta de rexistro dispensada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada