Leite

Ensilado de millo anticipado en Lalín por unha praga de rosquilla

Unha explotación de Castro de Cabras recolle estes días 10 hectáreas do cultivo logo de que os vermes provocasen o encamado das plantas. A colleita, que se fixo máis dun mes antes do previsto, suporá grandes perdas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/08/2016 10:24 p.m.

En Castro de Cabras, a explotación de José Manuel Fernández enfróntase a serias perdas a causa dunha praga de rosquilla, un verme cortador de raíces que provocou o encamado de 10 das 15 hectáreas de millo que cultivan. Unha das súas parcelas, de 3 hectáreas, estaba especialmente afectada, pois as plantas foron caendo cun efecto dominó e non quedou nin unha soa en pé.

Esa situación obrigou ó afectado a ensilar estes días, antes de mediados de agosto, con máis dun mes de antelación ó previsto. A anticipación é tan alta que do millo que están ensilando pouco agardan: “O millo non ten aínda mazorca, así que o que estamos ensilando é fibra e algo de proteína. Son unhas perdas moi grandes”, conclúen.

[caption id="attachment_32215" align="alignright" width="320"] Unha das parcelas co millo encamado.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Outros anos tiveran algún mínimo problema coa rosquilla, con afeccións nalgunha parcela que podían rondar o 5%, pero esta campaña o problema desatouse de cheo. “Sulfatamos dúas veces contra a praga, como adoitamos facer, pero é coma se non lle fixera ningún efecto” -extráñanse.- “Está ben que se saquen fitosanitarios que sexan máis respetuosos co medioambiente, pero terán que matar tamén as pragas”, razonan.

Desde Unións Agrarias fixéronse eco do problema e apuntan a danos pola rosquilla non tan severos noutras zonas do Deza. A organización agraria entende que a seca está a agravar estes problemas sanitarios e advirte ademais de que se non chove axiña, as perdas na produción de millo van ser moi cuantiosas tanto na comarca do Deza coma no resto de Galicia.

“Se non chove, a calidade do millo será mala” -recoñecen en Castro de Cabras-, “pero sacarán máis do que saquemos nós”. O millo é fundamental para a alimentación do vacún de leite, sobre todo nun contexto de crise de prezos do sector, que en caso de mala colleita, non terá outra opción que aumentar a compra de alimentos externos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada