Desenvolvemento rural

Enquisa a gandeiros e agricultores sobre como lles afecta o coronavirus na súa actividade

30/04/2020 3:58 p.m.

O Campus Terra (Universidade de Santiago de Compostela), en colaboración co grupo de traballo AFINET, está a elaborar unha enquisa sobre o impacto que tivo, ten e previsiblemente terá sobre o medio rural galego a grave crise do coronavirus que estamos a sufrir.

É por iso que agradecen que agricultores e gandeiros respondan a un ou varios dos seguintes bloques de preguntas asociadas coa agricultura e a gandeiría.

Podes cubrir a enquisa premendo nesta ligazón

Etiquetado
Ir a la portada