Agroalimentación

Encontro online este martes da Mocidade das Cooperativas Agroalimentarias galegas

23/05/2022 11:19 a.m.

Este martes 24 de maio terá lugar un encontro online para mozos e mozas que trabajan no sector agroalimentario galego que se centrará na Incorporación á actividade agroganadera. A actividade desenvolverase de 11:00 a 14:00h. As persoas interesadas poden inscribirse facendo click nesta ligazón.

O encontro celebrarase de modo online e terá formato participativo (a través de Zoom) co obxectivo de ofrecer ás persoas mozas que participen o coñecemento en primeira persoa dos principais aspectos a ter en conta ao iniciárense na actividade agrogandeira.

Tratarase de achegar propostas, suxestións, estratexias e aspectos clave na posta en marcha da actividade, para abrir as expectativas da mocidade á realidade da actividade na empresa agrogandeira e o cooperativismo agroalimentario.

O programa completo da xornada é o seguinte:

11:00 h. — Presentación encontro.

11:15 h. — Presentación da Convocatoira do Programa CULTIVA 2022 “Programa de Estancias Formativas de jovenes profesionales de la agricultura y la ganaderia en explotaciones modelo”.

D. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.

12:30 h. — Programa de Axudas Proxectos de inversión dentro do “Plan de impulso da sostibilidade e competitividade da agricultura e a gandería no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia”.

D. Carlos Ares Fernández. Técnico de AGACA.

14:00h. — Peche do encontro.

Etiquetado
Ir a la portada