Viña

¿En que Comunidades medra a superficie de viñedo?

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/12/2019 12:39 p.m.

Ao longo deste 2019 a superficie de viñedo de uva de transformación en España caeu un lixeiro -0,83%, até as 952.829 hectáreas, segundo a “Enquisa sobre Superficies e Rendementos de Cultivos ESYRCE” do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), con datos analizados polo Observatorio Español del Mercado del Vino (OeMv).

O ano 2010 foi o último no que a superficie de viñedo en España superou o millón de hectáreas. Con respecto ao ano 1980, primeiro da serie histórica, rexístrase un descenso do -42 %. Naquel ano, a superficie de uva de transformación en España era de 1.642.622 hectáreas. É dicir, nos últimos 39 anos, a superficie reduciuse en 689.793 ha.

Por comunidades autónomas, Castela A Mancha posúe a maior superficie de viñedo para uva de transformación, con 468.027 hectáreas en 2019, que supoñen o 49,1% da superficie total. Con respecto ao dato de 2018, rexistra unha caída do -1,2%, ou 5.782 hectáreas menos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Séguenlle, de lonxe, Estremadura, con 85.785 ha e lixeira caída do -0,7%, Castela e León, con 69.970 ha (+2,3%) e a Comunidade Valenciana, con 60.927 ha (-0,6%). Cataluña é a quinta comunidade autónoma en superficie de viñedo con 56.422 hectáreas (+0,8%). A Rioxa, sexta no ranking, aumenta lixeiramente a súa superficie (+0,2%), até as 52.789 ha. É a última comunidade autónoma cuxa superficie de viñedo está por encima das 50.000 ha. A superficie do resto de comunidades está por baixo das 40.000 ha.

Respecto de 2018, cinco comunidades aumentaron a súa superficie de viñedo para uva de transformación, destacando Cantabria, que pasa de 14 ha a 25 ha e Castela e León, que aumenta un 2,3%. As outras tres, non chegan ao 1% de aumento: Cataluña (+0,8%), A Rioxa (+0,2%) e Navarra (+0,2%).

No lado contrario, destaca a caída rexistrada por Murcia (-7,1%), que reduce a súa superficie en 1.630 ha. En torno ao 2%, reducen a súa superficie Madrid, Andalucía e Galicia. E en torno ao 1%, Canarias, Baleares, Castela A Mancha e Aragón. Por baixo do 1%, caen Estremadura, Comunidade Valenciana e País Vasco.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tipo de cultivo: secaño ou regadío

En canto ao tipo de cultivo, se é de secaño ou de regadío, os datos mostran que, das 952.829 hectáreas de viñedo uva de vinificación existentes en España en 2019, 566.303 hectáreas corresponden a secaño e 386.525 hectáreas, a regadío. É dicir, o 59,4% do total é secaño e o 40,6% restante, regadío.

Con respecto a 2018, o cultivo de secaño perdeu un -2,8%, mentres que o de regadío gaña presenza ao crecer un 2,2% (+8.504 hectáreas). Castela-A Mancha é a comunidade autónoma con maior superficie de uva de transformación de secaño con 230.512 hectáreas, o 40,7% da superficie total en España.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En 2019, por primeira vez, a superficie de regadío en Castela A Mancha (237.515 ha) supera á de secaño, ao medrar un 2,3%, por unha caída do secaño do -4,6%. Outras dúas comunidades, ademais de Castela A Mancha, Navarra e Baleares, posúen máis superficie en regadío que en secaño. En 2019, Galicia e Comunidade Valenciana son as comunidades que máis aumentaron a súa superficie de regadío, sendo Andalucía a que máis a reduciu (-11,5%).

En canto ao cultivo de secaño, onde máis se reduciu en 2019 foi en Murcia (-8,7%), Comunidade Valenciana (-5,7%) e Galicia (-3,6%). O maior crecemento preséntano Navarra (+10,8%) e Baleares (+5,4%).

Comparación 1980 - 2019

No ano 1980, España contaba cunha superficie de viñedo para uva de transformación de 1.642.622 hectáreas, case 690.000 hectáreas máis que as existentes en 2019. Do total de comunidades autónomas, a superficie só creceu en dúas delas, A Rioxa (+68,8%), onde aumentou en 21.524 hectáreas, e País Vasco (+53,9%), que crece en 4.669 hectáreas, ambas compartindo máis ou menos zona de cultivo.

Pola contra, a caída global lidéraa Castela-A Mancha, que pasou de máis de 756.800 hectáreas en 1980 a 468.027 en 2019 (-38,2%). Tamén cae notablemente a superficie en Andalucía (-79.887 ha), a Comunidade Valenciana (-79.038 hectáreas), Aragón (-71.599), hectáreas), Murcia (-51.205 ha), Castela e León (-50.173) e Cataluña (-46.038).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada