Leite

En Mazaricos despiden o ano cun brinde con leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
31/12/2017 6:45 p.m.

Por terceiro ano consecutivo os veciños e veciñas do concello de Mazaricos quixeron despedir o ano brindando con leite de vaca. Foi este mediodía na Casa da Cultura da Picota, onde, malia o temporal, non quixeron perder a ocasión para reivindicar con este singular brinde a importancia da gandería neste concello coruñés e o orgullo de vivir en Mazaricos.

Varios nenos conduciron o acto coa lectura de textos propios sobre a importancia do sector lácteo. Amenizaron o evento as cantareiras da Asociación de Amas de Casa - O Hórreo. Canda o brinde con leite as persoas asistentes degustaron unha tarta con forma de vaca.

Pese a que se suspendeu a Carreira do Leite debido ás condicións meteorolóxicas, a veciñanza animouse a achegarse ao brinde con máis esencia

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada