Agroalimentación

En 2022, tódolos ovos frescos comercializados por Carrefour procederán de cría sen gaiolas

Un dos seus provedores principais que se sumará a esta iniciativas é Gallega de Alimentación, pertencente ao Grupo Coren

Campo Galego 01/10/2021 10:58 a.m.

Carrefour está a traballar para que, a partir de decembro de 2022, todos os ovos frescos baixo a súa marca e de marcas nacionais procedan da cría sen gaiolas. A maiores, a empresa quere que a partir do 2025, tódolos ovos utilizados en ingredientes dos produtos que vende coa súa marca procedan de galiñas criadas fóra de xaulas.

En liña co anterior, a compañía convida ós produtores de marca Carrefour e marca nacional (Granja Virgen del Rosario S.L, Producciones Avícolas El Granjero S.L, Camar Agroalimentaria, Dagu S.A, Agustín Roig S.A, Gallega de Alimentación, o seu provedor galego pertencente ao Grupo Coren; Avicultores Malagueños S.A e Agropecuaria La Alameda S.L, entre outros) a unirse a este acordo e bríndase para acompañarlles neste cambio.

Por outra banda, Carrefour ampliará este compromiso ao ovo empregado como ingrediente nas elaboracións da súa marca a partir de 2025, asegurando que proveña de galiñas criadas segundo os modelos de cría en solo, campero e/ou ecolóxico. Ademais, a compañía comprométese á non utilización de sistemas de aviarios combinados por parte dos seus provedores.

Carrefour defende a importancia que ten para os clientes o acceso ás políticas de sustentabilidade e benestar animal. Jorge Ybarra Loring, director de mercadorías de Carrefour España, declarou: "en Carrefour estamos comprometidos co benestar animal, por iso facemos público este compromiso do que estamos moi orgullosos para os nosos clientes, dentro da nosa política de RSC".

Etiquetado
Ir a la portada