Agricultura

Empresarios chilenos da industria da madeira visitan Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/10/2018 7:51 p.m.

Unha delegación de empresarios chilenos da industria da madeira da Rexión do Maule, en Chile, visitou empresas do sector da madeira galega para intercambiar experiencias, nunha iniciativa que organizou a Federación Galega de Serradoiros e Rematantes de Galicia ( Fearmaga), o luns 22 e o martes 23 de outubro.

A comitiva, composta por nove fabricantes de envases, portas e xanelas, visitou a empresa Irmáns García Rocha, na Coruña, este luns. Mañá martes estará en Muebles Arman, Maderas Ojea, e o centro tecnolóxico, CIS Madeira, en Ourense.

Durante os dous días, os empresarios chilenos terán a ocasión de coñecer a evolución que experimentaron as empresas galegas “tanto a nivel de cadea de produción como de novos produtos con maior valor engadido” explicou Elier Ojea, presidente de Fearmaga.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A diversificación mediante a innovación, a aposta por produtos de maior valor engadido e a exportación “foron claves para que a industria superase a crise, manteña a súa presenza no mercado nacional e siga crecendo nos mercados internacionais” subliñou Ojea.

As vendas no exterior indican que, en 2017, rexistrouse un novo récord no valor das exportacións de madeira e as súas manufacturas, superando os 865 M€, o 56% con destino Europa e o 22% outros países fóra da UE.

Empresas cunha longa traxectoria

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A empresa coruñesa Hermanos García Rocha naceu en 1959 como empresa dedicada aos aproveitamentos forestais e serradoiro de produtos de madeira vinculados, sobre todo, á construción. Na actualidade, a terceira e cuarta xeración desta empresa familiar ha apostado polo investimento tecnolóxico e a diversificación, desenvolvendo novos produtos, para poder acceder a novos mercados internacionais.

Maderas Ojea, situada no Carballiño, naceu en 1885 como carpintería. As seguintes xeracións evolucionaron o negocio primeiro como serradoiro e posteriormente como fabricante de taboleiro. Desde os anos 90, a quinta xeración puxo en marcha unha das primeiras fábricas de viga laminada e renovou o serradoiro, o que lles permitiu exportar a máis de 15 países.

Por último, Arman Muebles (Ourense, 1997) é unha empresa de mobiliario que se especializou no sector contract, o equipamento integral para as edificacións de uso colectivo. A empresa, que naceu como fábrica de mobles para o fogar, evolucionou cara ao deseño, fabricación, instalación e montaxe de armarios personalizados. A súa actividade expándese, sobre todo, polos mercados latinoamericanos e afiánzase no mercado nacional.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A viaxe tamén incluíu un periplo polas instalacións do Centro Tecnolóxico CIS Madeira que, desde 1996, desenvolve proxectos de investigación, transferencia tecnolóxica e promoción da madeira e as súas múltiples aplicacións.

A viaxe de empresarios chilenos a Galicia desenvolveuse co apoio da Axencia da Industria Forestal, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria. Exportacións de serradoiros e segunda transformación seguen crecendo

Os serradoiros galegos facturaron 355 millóns de euros en 2017, un 16% máis que en 2015. Os segmentos de envase e embalaxe continúan sendo os máis dinámicos, seguido por mobiliario exterior. A madeira en rolo e aserrada representa o 11% das exportacións do conxunto do sector.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en Galicia está operativos máis de 1.200 serradoiros. A facturación das empresas de segunda transformación ascendeu a 487 millóns de euros, dos que 300 millóns correspóndese coa actividade do contract. Galicia conta con 830 empresas especializadas neste mercado.

A industria da madeira de Galicia factura 2.200 millóns de euros e dá emprego a máis de 20.300 profesionais.

En 2017, o sector alcanzou récord de curtas con 8,.5 millóns de metros cúbicos de madeira e de exportacións, segundo os datos que recolle o “Informe cadea forestal- madeira 2017”.

[caption id="attachment_76101" align="aligncenter" width="660"] Visita ao aserradoiro de Hermanos García Rocha[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada