Forestal

Empresa forestal busca mecánico con experiencia no sector na zona da Mariña

Campo Galego 03/03/2024 12:58 p.m.

O equipo de Forest Pioneer busca mecánico de maquinaria forestal con experiencia no sector, e con coñecementos en mecánica e hidráulica. Entre os traballos a desenvolver está a entrega de máquinas, levar a cabo intervencións de reparación ou mantemento en campo, así como traballos en taller. 

A área de traballo é A Mariña lucense, con centro de operacións en Barreiros. As persoas interesadas poden solicitar este traballo escribindo ao correo electrónico hr@forestpioneer.com

Etiquetado
Ir a la portada