Leite

A empresa chinesa Yeeper ampliará a súa planta de Monforte con dúas novas liñas de fabricación de leite en po e aceite de manteiga para alimentación infantil

Supón un investimento de 16 millóns de euros e a creación de 50 postos de traballo na factoría de produción de derivados lácteos ubicada no polígono do Reboredo, que está a vivir un impulso importante desde a súa venda no ano 2019 por parte da súa anterior propietaria, a cooperativa francesa Sodiaal

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/02/2021 12:56 p.m.

[caption id="attachment_109148" align="aligncenter" width="660"] Vista das instalacións actual da planta de Oviganic Ibérica no polígono industrial do Reboredo, en Monforte[/caption]

O Consello da Xunta declarou este xoves iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de Oviganic Ibérica, a antiga Euroserum, para a ampliación e modernización da planta produtiva que a empresa ten no municipio de Monforte de Lemos. Así, a declaración aprobada esta semana permite dar carácter prioritario aos trámites que son competencia do Goberno galego para a posta en marcha desta actuación, reducindo os prazos administrativos á metade ao tempo que se manteñen todos os requisitos técnicos e normativos. O obxectivo último é axilizar a execución deste proxecto que prevé a creación de ao redor de 50 novos postos de traballo entre directos e indirectos e investimentos por valor de 16 millóns de euros.

O proxecto de produción de derivados lácteos que se está a desenvolver no polígono industrial do Reboredo, en Monforte, suporá a eliminación de custos económicos e ambientais completando nun mesmo territorio as cadeas de subministración de materias primas e elaboración dos produtos, e implicará aforros enerxéticos importantes no proceso produtivo, no envasado, no transporte e na comercialización. Ademais, a partir do seu deseño como iniciativa tractora que complementa cadeas de valor, prevé "dinamizar sectores económicos estratéxicos para Galicia, como as explotacións gandeiras de gando bovino, ovino e caprino", segundo destaca a Xunta.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Relanzamento da planta desde o ano 2019

A ampliación e modernización da fábrica –adquirida polo grupo chinés YeePer á cooperativa francesa Sodiaal no 2019– ten como finalidade ampliar a súa capacidade produtiva e mellorar a súa competitividade, construíndo unha nova liña de fabricación de leite en po para alimentos infantís de alta gama e instalando unha planta de elaboración (a partir de nata procedente de leite de ovella, cabra e vaca) de aceite de manteiga, preparado base para a produción doutros produtos alimenticios.

A empresa chinesa investiu xa máis de 15 millóns de euros en Monforte en dúas liñas de desmineralización de soro e de envasado de mestura seca

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Oviganic Ibérica vén desenvolvendo de forma innovadora programas de industrialización e comercialización de produtos lácteos destinados á venda no exterior e que comercializa principalmente en China. Ademais da posta en marcha do proxecto declarado iniciativa empresarial prioritaria, a empresa está a realizar na actualidade investimentos por valor de case 16 millóns de euros para crear dúas novas liñas de desmineralización de soro e de envasado de mestura seca, que suporán un incremento do cadro de persoal a 66 traballadores, 17 máis dos actuais.

Ademais, a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, concedeu á empresa unha axuda de 3 millóns de euros para apoiar un proxecto enmarcado nos apoios de transformación e comercialización de produtos agrarios que teñen como obxectivo fomentar os investimentos para a creación, ampliación e modernización deste tipo de instalacións.

[box style="0"]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Unha alternativa para incentivar a produción de leite de ovella e de cabra en Galicia

[caption id="attachment_109160" align="aligncenter" width="660"] Visita do director xeral de Gandería, José Balseiros, a Oviganic en xaneiro do ano pasado, acompañado polo director da planta monfortina, Joaquín Garrido [/caption]

A planta de Monforte, que comezou a súa andadura secando leite de vaca para a produción de soro e leite en po, mudou a súa materia prima principal coa adquisición da factoría por parte da multinacional chinesa, especializada na produción de leites maternizadas e produtos de alimentación infantil, onde se emprega en maior medida leite de cabra máis ca de vaca polo seu maior parecido ao leite humán.

Na actualidade a maior parte da materia prima que se usa na factoría monfortina procede de explotacións de leite de ovella e cabra de Castela e León, debido a que en Galicia este tipo de produción é moi escasa e destínase fundamentalmente á produción de queixos. 

Na actualidade a maior parte da materia prima que emprega Yeeper na súa planta de Monforte procede de explotacións de leite de cabra de Castela e León

O proxecto de Oviganic Ibérica é a terceira iniciativa empresarial prioritaria de Galicia, unha figura recollida na Lei de implantación empresarial e que se consolidará na Lei de reactivación económica que se tramita no Parlamento. Búscase así potenciar a captación de investimentos e a creación de emprego de calidade con máis simplificación administrativa, máis incentivos fiscais ás empresas e máis facilidades para acceder ao solo empresarial.

Terceiro proxecto declarado iniciativa empresarial prioritaria en Galicia

Así, en xuño do ano pasado o Consello da Xunta catalogou como prioritarias as iniciativas das empresas Hijos de Carlos Albo, para a construción dunha nova planta produtiva na Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan); e de Aluminios Cortizo, para a creación dun campus tecnolóxico no municipio de Padrón. A execución de ambos os proxectos suporá a creación de, polo menos, 350 postos de traballo directos e investimentos por valor de 60 millóns de euros.

A declaración de proxectos empresariais como prioritarios implica a concorrencia de razóns de interese público para tramitar de maneira urxente os procedementos administrativos, e o seguimento e impulso dos trámites posteriores necesarios a través da Oficina Doing Business, creada polo Goberno galego para contribuír á eliminación de obstáculos e barreiras á actividade empresarial. No caso da planta de Oviganic Ibérica de Monforte, a Xunta valora que servirá para "impulsar o desenvolvemento produtivo a nivel local de explotacións gandeiras, a mellora da competitividade e a presenza internacional a través da innovación".

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada