Leite

Embriomarket organiza unha poxa de gando frisón de élite de ganderías de toda Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/10/2017 9:13 p.m.

A segunda edición da Poxa de Élite de Gando Frisón, que se celebrará os días 17 e 18 de febreiro de 2018 no concello coruñés de Curtis, estará aberta á participación de animais procedentes de ganderías de toda Galicia.

Así o anunciou este sábado a empresa galega Embriomarket, organizadora da subasta xunto ao Concello de Curtis no marco do Concurso Nacional de Gando Frisón celebrado esta fin de semana en Xixón.

A primeira edición desta poxa, celebrada este ano para darlle saída tanto a vacas como a xovencas de élite procedentes de ganderías da provincia da Coruña, foi todo un éxito, polo que a organización decidiu que a próxima subasta estea aberta a animais de explotacións de vacún de leite de toda Galicia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nos próximos días Embriomarket publicará o regulamento da poxa e o prazo para que as ganderías se podan inscribir durante o mes de outubro. A previsión é que se poxen un máximo de arredor de 25 animais de alta calidade xenética, cun mínimo de catro xeracións cualificadas como excelentes, e que cada gandería poda presentar un máximo de cinco animais. Ademais, prevense actividades complementarias ao longo do sábado, como sesións técnicas para os gandeiros, a parte da exposición dos animais que se poxarán o domingo.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada