Noticias de empresa

Elitox®: O produto que elimina as micotoxinas do gando

27/02/2021 4:12 p.m.

A multinacional belga Impextraco empezou a comercializar en España Elitox®, un novo produto que elimina as micotoxinas do gando. A través das forraxes, como silo de herba ou silo de millo, e do penso, os animais adsorben micotoxinas, toxinas producidas por fungos que prexudican notablemente a saúde animal (problemas de reprodución, metabólicos, de crecemento...etc) e por tanto a rendibilidade das gandarías.

Neste sentido, Elitox®, un novo produto importado en exclusiva para España por ANIMALVIT ( pablocarro@animalvit.com ou no teléfono 647 599 782) une diferentes estratexias para contrarrestar unha ampla gama de micotoxinas e previr os síntomas asociados coa micotoxicose.

Os ingredientes deste produto combinan efectos antioxidantes de alta calidade, actividade antibacteriana e antifúnxica , eliminadores de micotoxinas, rexeneración de feridas, efecto inmunopotenciador e supresión da inflamación que salvagardan a seguridade alimentaria e potencian a rendibilidade.

As claves de Elitox®:

- Elitox® combina nun só produto estratexias diferentes para eliminar o número máximo de micotoxinas.

- Elitox® está activo no intestino do animal, onde as toxinas crean un perigo.

- Elitox® proporciona ao animal un extra estabilizado de Vitamina C para previr os síntomas asociados coa toxicidade das micotoxinas.

-Elitox® salvagarda o rendemento animal durante a micotoxicose e garante resultados técnicos e financeiros óptimos.

-Elitox® deséñase, fabrícase e está autorizado na Unión Europea.

Vantaxes:

-Une diferentes estratexias para contrarrestar unha ampla gama de micotoxinas:

Eliminación (absorción + desintoxicación)

Apoia o sistema inmunológico do animal

-Desenvolvido en base a datos in vivo.

-Salvagarda o rendemento do animal durante a micotoxicose e garante resultados técnicos e financeiros óptimos:

Redución das perdas económicas debidas a infeccións bacterianas secundarias.

Evitar perdas de enerxía por inflamación.

-Activo no intestino onde as micotoxinas supoñen o maior desafío

Eficaz para todas as producións gandeiras:

Elitox® preséntase en embalaxes multicapa (25 kg netos) ou en embalaxe bigbag (1000 kg neto.)

Máis información nesta ligazón

Etiquetado
Ir a la portada