Carne

Dúas vacas acadan un prezo récord en Silleda: 5.527€ cada unha

Loading ad.
Ad could not be loaded.
29/09/2021 8:08 a.m.

Dúas vacas de raza Rubia Galega acadaron este martes na Central Agropecuaria de Galicia -Abanca o prezo máis alto ata agora neste mercado: 5.527 euros cada unha. O anterior rédord no mercado de Silleda foron os 5.418€ pagados por unha vaca o 22 de xuño deste ano.

Trátase de dúas vacas propiedade dun operador comercial de Maside (Ourense) e adquiridas as dúas polo matadoiro portugués Serragados polo mesmo prezo, 5.527€ cada unha.  A data de nacemento dunha delas sitúase no ano 2009 e da outra no 2011. Por  riba desta cantidade soamente se sitúan os prezos pagados por outros cinco exemplares, todos bois, os cales acadaron 6.782€, 6.006€, 6001€, 5.932€ e 5.616€.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada