Leite

Dúas ganderías galegas teñen as mellores xovencas frisoas de España

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/10/2020 7:38 p.m.

A Confederación Nacional de Frisona Española (Conafe) ven de publicar as súas avaliacións xenéticas do mes de outubro, que revalidan o liderazgo de Galicia. Así, dous animais de ganderías de Zas e de Boqueixón, na provincia da Coruña, lograron a máxima puntuación no catálogo de mellores xovencas xenómicas de España.

Así, o primeiro posto, con 5.465 puntos ICO, correspondeu BWH CHANNEL CMP ET, da gandería CUNORDAM SC, de Zas, que tamén logrou a posición número 15, con 5117 puntos, para CUNDINS PLANETA SATURN CR12 ET

Séguelle en segunda posición CANDESA YEMI 840 GYWER ET, con 5.391 puntos, da gandería SAT CANDESA, de Boqueixón, que tamén logra o posto número 6 para outra xovenca súa, CANDESA JOSEFINE 9432 SOLUTION e o 12 para outro animal desta gandería.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Outras xovencas de ganderías galegas que destacan nos primeiros postos da listaxe de COFANE dos mellores 1.000 animais xenómicos por ICO son CASAGABINO SATURN PIRULETA, da Gandería CASA GABINO, de Friol (Lugo), que logra o posto número 11, con 5155 puntos. Tamén destaca na posición 19 KINTEIRO LAVONTE LAVA ET, unha xovenca que logra 5039 puntos e propiedade do gandeiro de Lalín José Luis Méijome Fernández.

Consulta aquí a listaxe das 1000 Mellores Xovencas Xenómicas por ICO outubro 2020

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada