Desenvolvemento rural

Douscentos gandeiros galegos reciben dereitos de pago básico da Reserva Nacional

Agricultura informa de que aumentou un 16% o pago complementario a agricultores mozos

Campo Galego 13/08/2020 11:38 a.m.

A asignación de dereitos de pago básico da Reserva Nacional beneficiou no último ano a un total de 213 produtores galegos, por un importe de 533.000 euros. En toda España foron 3.324 os beneficiados, máis do 80% deles agricultores mozos, segundo os datos do Ministerio de Agricultura. A asignación media por beneficiario superou no caso dos novos produtores os 5.000 euros.

En canto a apoio ós novos agricultores, o Ministerio sinala que no marco dos pagos da PAC 2019, os pagos complementarios a produtores mozos foron dun total de 61,6 millóns de euros, o que representa unha suba dun 16% en relación ó 2018.

O pago complementario supón para as explotacións un aumento do 50% no valor dos seus dereitos de pago básico da PAC e por outra parte, tamén a asignación de dereitos de pago básico da Reserva Nacional, que se fai efectiva sempre que os produtores cumpran coas condicións básicas de instalación e formación establecidas na normativa.

Galicia é a sexta comunidade autónoma con máis produtores beneficiados pola asignación de dereitos da Reserva, tras Castilla y León (589), Castilla La Mancha (573), Aragón (499), Extremadura (471) e Cataluña (215).

Etiquetado
Ir a la portada