Viña

Dous viños galegos logran a máxima distinción nos “Decanter World Wine Awards 2023”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/06/2023 2:18 p.m.

Dous viños galegos, Ramón do Casar Treixadura 2022, do D.O. Ribeiro, e Mar de Frades Finca Monteveiga Albariño, na D.O. Rías Baixas, lograron a máxima distinción, o "Best in Show", nos premios "Decanter World Wine Awards", un concurso internacional de viño que se celebrou en Londres entre abril e maio. Os dous viños recibiron unha cualificación de 97 puntos.

Tamén destaca a medalla de platino lograda por Ramón do Casar Nobre 2021, tamén con 97 puntos.

Por denominacións de orixe Rías Baixas alzouse con 69 distincións; a D.O. Ribeiro con 20; os viños de Valdeorras foron premiados con 19 galardóns, mentres que os da DO. Ribeira Sacra alzáronse con 16 medallas e os da DO. Monterrei con 4.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Lista de viños galegos premiados nos "Decanter World Wine Awards 2023": 

Decanter World Wine Awards

Os premios Decanter World Wine Awards (DWWA) celebraron este ano a súa vixésima edición. Desde a súa creación, os DWWA consolidaron a súa reputación como o maior e máis influente concurso de viños do mundo, aclamado polo seu rigoroso proceso de avaliación. Durante dúas semanas en abril e maio, 236 xurados (entre eles 16 Master Sommeliers e 53 Masters of Wine de 30 países) cataron, debateron e compararon os méritos relativos de 18.250 viños de 57 países, o cal confirma que esta edición é a máis importante até a data.

Consulta aquí a listaxe completa de premiados

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada