Carne

Dobre récord de prezos na poxa de dous bois en Silleda

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/09/2015 11:45 p.m.

Se o pasado martes, 8 de setembro, a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadara o seu récord absoluto en canto ao prezo pagado por un exemplar, cun boi de raza caldelá adxudicado por 5.259€, hoxe volveu a conseguilo por partida dobre.

Así, na subasta de vacún maior rexistráronse esta mañá dous novos récords históricos no prezo dun exemplar, cun boi de raza Rubia Galega que foi adquirido por  6.006€ e cun boi de raza Asturiana de los Valles que acadou os 5.616€. Ambos exemplares pertencían a unha explotación de San Sadurniño (A Coruña) adicada á cría de bois, e os dous foron adquiridos polo matadoiro Galcarnes (Monforte de Lemos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada