Leite

Distribución, industrias e Administración valoran en positivo o “preacordo” lácteo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/09/2015 8:21 p.m.

As asociacións que agrupan ás cadeas de distribución (Asedas, Anged e Aces) emitiron un comunicado conxunto para trasladar a súa vontade de “suscribir o acordo” proposto polo Ministerio para mellorar a situación do sector lácteo. De igual xeito, a Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil), a través dunha nota de prensa, destaca a consecución dun principio de acordo que beneficia a todas as partes da cadea. As Administracións, pola súa banda, tamén se felicitaron polo resultado das negociacións, en tanto en Galicia dúas organizacións agrarias, Unións Agrarias e Sindicato Labrego, xa condicionaron calquera sinatura de acordo a maiores avances.

A valoración da reunión do sector lácteo celebrada hoxe en Madrid oscila entre o branco e o gris, segundo con quen se fale. Industrias e distribución coinciden na súa vontade de suscribir o acordo proposto polo Ministerio. O propio Ministerio califica o acordo de histórico e sinala que “marcará un antes e un despois nas relacións comerciais no sector lácteo”, en tanto as organizacións agrarias advirten da necesidade de máis avances.

O principal foco de conflicto radica na revalorización do leite a curto prazo, unha liña vermella marcada polos gandeiros, que queren solventar xa os contratos á baixa que lles están trasladando ás industrias para os próximos meses. Como sinala a Xunta, “o obxectivo do preacordo é solucionar o problema estrutural da baixada de prezos do leite e sentar as bases para que este tipo de problemas non se produzan de forma cíclica”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Sobre o avance estrutural que supón o principio de acordo de Madrid non hai discusión no sector, pero si sobre se a industria e a distribución se comprometen a maiores a unha revalorización inmediata do prezo do leite ó longo da cadea, de xeito que o gandeiro cobre máis pola súa produción. Os comunicados da distribución e da industria non despexan as dúbidas sobre este punto.

Bloqueo de Santiago
Doutra banda, as asociacións da distribución aproveitaron o seu comunicado para condear o bloqueo que sofre o centro loxístico de Dia en Santiago e advertiron de que a sinatura do acordo está condicionada a que se abandonen este tipo de accións.

Dia, pola súa banda, trasladoulle ós medios de comunicación que fará un peche patronal do seu centro loxístico en Compostela en tanto non se resolva o bloqueo que sofre por parte dos gandeiros desde hai case 72 horas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[Máis información] - Postergado o compromiso de revalorización inmediata do prezo do leite

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada