Viña

Dez medallas para os viños da DO. Ribeiro no concurso “Mundus Vini”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/03/2022 9:33 a.m.

A Denominación de Orixe Ribeiro recibiu un total de dez medallas trala publicación dos resultados do concurso internacional de vinos Mundus Vini, unha competición que se celebrou do 22 ao 27 de febreiro en Alemaña.

As tres distincións de ouro recaíron na colleita 2021 Meu Treixadura, de Viña Costeira, S.C.G e nos viños da 2020 Ramón do Casar Nobre e Ramón do Casar Treixadura, ambos de Adega Ramón do Casar S.L. e os seis premios de prata foron para os viños da colleita 2021 Tamborá e Viña Costeira, de Viña Costeira, S.C.G,e os viños 2020, Beade Primacía de A Portela, S.A.T, Señorío da Vila Treioxadura e Viña do Campo de Bodegas Docampo, S.A. e Ramón do Casar Godello e Ramón do Casar Varietal de Adega Ramón do Casar S.L.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara ante estos magníficos resultados comenta “novamente, os concursos internacionales deixan patente a gran calidade dos viños da D.O. Ribeiro, isto permitirá que sigamos percorrendo paso a paso o camiño hacia a excelencia nesta denominación de orixe”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Viños de todo o mundo se presentaron ao 30º Gran Premio Internacional del Vino Mundus Vini, concurso que rende homenaxe aos mellores viños na degustación de primavera de 2022. Nesta edición celebra un resultado récord. En total, o xurado internacional de expertos concedeu 43 medallas de Gran Oro, 1.685 de Oro e 1.294 de Prata aos mellores viños da Cata de Primavera de Mundus Vini.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada