Carne

Detense a caída do prezo da carne de polo grazas ao descenso da produción

Loading ad.
Ad could not be loaded.
21/05/2020 1:10 p.m.

O prezo da carne de polo detivo estas últimas semanas a súa súa caída na Unión Europea grazas aos descenso da produción que acometeu o sector.

Ao igual que noutras producións gandeiras, a crise do coronavirus, co conseguinte peche da hostalaría -que en España representa arredor do 25% das vendas- e o parón no turismo provocou unha caída de prezos significativa no sector avícola.

Sen embargo, segundo o informe que publicou esta semana a Comisión Europea, o descenso da produción que está acometendo o sector para facer fronte á caída da demanda está a permtir que se free o descenso dos prezos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En concreto, a cotización esta semana do broiler situouse en 1,77 euros o quilo de media na Unión Europea, o que supón un 1,6% de subida respecto á semana previa, aínda que acumula unha caída interanual do 7,2%, respecto ao 1,9 euros o quilo de maio de 2019.

Idéntico comportamento se observou nos principais exportadores mundiais de carne de polo, sobre todo en Estados Unidos, onde tras un desplome dos prezos en abril e maio de ata 0,75 euros o quilo, nas últimas semanas rebotou ata os 1,26 euros o quilo. En Brasil, o outro gran produtor mundial, a evolución é peor, e a carne de polo mantense nos 0,63 euros o quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A recuperación dos prezos da carne de polo na Unión Europea prodúcese grazas ao descenso da produción: en marzo producíronse arredor de 650.000 toneladas, fronte ás arredor de 730.000 do mesmo mes do pasado ano.

A contraparte é que as exportacións de carne de polo da UE perden competitividade fronte ás de Brasil e de Estados Unidos, cun prezo notablemente inferior. Así, nos tres primeiros meses deste ano as vendas ao exterior europeas baixaron en arredor de 100.000 toneladas, mentres que EE.UU e Brasil incrementaron as súas exportacións de xaneiro a marzo nunhas 100.000 toneladas cada un.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pola parte das importacións, China disparou as súas compras ao exterior de carne de polo nos tres primeiros meses do ano: pasando unhas 320.000 toneladas o pasado ano a case 450.000 nos tres primeiros meses deste 2020.

Descarga aquí o informe completo.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada