Agricultura

Desfile de tractores, concursos e degustación na Festa da Pataca de Coristanco

O evento, que prestixia á produción de referencia en Bergantiños, chega esta fin de semana a súa edición número 38

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 14/09/2018 2:39 p.m.

A Festa da Pataca de Coristanco celebra este domingo 16 o seu día grande, cun desfile de tractores engalanados con figuras feitas coas patacas a partir das 11.30 horas. Haberá tamén degustación gastronómica e á tarde os tradicionais concursos ligados á pataca. Durante estes días, os locais de hostelería de Coristanco tamén participan nunha Ruta dos Pinchos, en horario de 20 a 23 horas, que ten ó produto estrela da comarca de Bergantiños como gran protagonista.

A pataca de Coristanco, a maioría de variedade kennebec ou, en menor medida, fina de Carballo, destaca no mercado polo recoñecemento que atopa entre os consumidores. O seu prestixio lígase a un coidado que inclúe a recollida a man, o que contribúe a unha mellor preservación, e ás características das variedades cultivadas e do seu resultado na comarca.

O programa de actos da Festa da Pataca de Coristanco, que ten arredor de 7.000 euros en premios, é o seguinte:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Sábado 15
- 12 h. - Concentración de coches clásicos na praza do Concello. Farán un percorrido por varias zonas do Concello.

- 17 h. - Xogos infantís, gratuítos e instalados na praza do Concello.

- 19 h. - Inauguración dunha exposición do curso de pintura organizado pola asociación de veciños Santa María de Traba. (No edificio da antiga Cámara Agraria).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- 22.30 – Verbena nocturna (Orquesta D’nivel).

- Ruta dos Pinchos, que conclúe este sábado 15, en horario de 20 a 23 horas nos seguintes locais: Arume, Il Molino, Trincado, Anabel, Alaska, A Pataca, Verxel.

Domingo 16
- 9.30 h. - Concentración de tractores fronte ó Concello. Concursos gastronómicos, de produtos do campo, de empanadas e de figuras con patacas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- 11.30 h. - Desfile de tractores engalanados con figuras elaboradas coas patacas.

- 13 h. - Pregón, a cargo de Carlos Fernández, director do colexio Alcalde Xosé Pichel. Entrega de premios ó remate do pregón.

- 14 h. - Apertura do recinto e degustación de patacas na rúa do Muiño. Xogos infantís a partir das 16 horas.

- 17 h. - Concursos: Baile da pataca, Apaña a pataca, Trueiro da pataca e Tira da corda.

- 20 h. - Concerto de corais.

- 21 h. - Verbena (Trío Mayel), no parque.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada