Carne

A Deputación de Lugo colaborará con ASOPORCEL para facilitar os programas sanitarios das explotacións

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/11/2018 4:33 p.m.

A responsable de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Presidente de ASOPORCEL, José Barreira Alonso, xunto a outras autoridades, presentaron este xoves a "II Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia", que terá lugar o 24 de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

No acto, López Izquierdo avanzou que o Goberno Provincial manterá colaboracións co Asociación do Porco Celta para financiar con 45.000 euros os custes dos programas sanitarios das explotacións lucenses. Grazas a este fondos, asumiranse gastos de vacinación dos animais, revisións veterinarias, análises de sangue...

A deputada explicou que o do porco celta é un sector con pulo que, ademais de buscar supervivencia da especie, en perigo de extinción, pode converterse nunha oportunidade de emprego e de xeración de riqueza. Non en vano, trátase dun sector que en Galicia ten un volume de negocio superior a 1 millón de euros, e conta con máis de 130 criadores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Destes xeito, informou que a de Lugo é a provincia que conta cun maior número de produtores de toda a comunidade, ao redor do 40% do total, é dicir, uns 52.

Programación da xornada

A II Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia terá lugar o vindeiro sábado, 24 de novembro, no Salón de Actos do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A entrada e libre é totalmente gratuíta pero é preciso confirmar asistencia no 982 226 252 antes do 22 de novembro.

Ás 9.30 horas, e logo da recollida das acreditacións, será a inauguración da xornada. De seguido, terá lugar a charla "Porco Ibérico Vs Porco Celta: manexo e instalacións", a cargo do veterinario e director comercial de Grupo Solano, Jesús Carlos Rivera Rodríguez; e "A importancia do racionamento na rendibilidade das explotacións de Porco Celta", que ofrecerá o veterinario de Nuscience Ibérica SAU, Jesús Fernández. Posteriormente, ás 12:30 horas, celebrarase a charla "Control de enfermidades e amezas presentes e futuras", que será impartida polo investigador del Departamento de Patoloxía Animal da Universidade de Santiago de Compostela, Gonzalo López Lorenzo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Xa para finalizar, ás 13:30 horas, terá lugar a charla "O mercado de produtos de calidade diferenciada: presente e futuro", a cargo de Julio Sánchez Castell, departamento comercial de Finca Santa Rosalía.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada