Leite

A Deputación de Lugo aprobará o martes a concesión do servizo do Centro de Recría

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/06/2017 1:45 p.m.

O goberno da Deputación de Lugo levará o vindeiro martes, día 27, ao Pleno Provincial, a concesión do servizo do centro de recría da Granxa Gayoso Castro.

A xestión do primeiro centro de recría de xovencas de carácter público de España foi adxudicada provisionalmente á empresa Recría Castro, vinculada á cooperativa Seagro. Sen embargo, outra das que competían pola adxudicación, Ganados Deus, de Begonte, presentou un recurso contencioso ante o Tribunal Central de Recursos Contractuais, ao non estar de acordo coa puntuación recibida.

Sen embargo, o tribunal ven de notificar á Deputación de Lugo o arquivo destas actuacións, ao que “non cabe recurso algún”, apunta textualmente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Deste xeito, o Goberno da Deputación agarda que no vindeiro pleno do próximo martes se aprobe a concesión do servizo do centro de recría, despois de que na sesión plenaria celebrada en maio, e a petición dos grupos da oposición, se decidira adiar a concesión á espera do pronunciamento do tribunal competente.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada