Leite

Denuncian unha oferta de iogures a 12 céntimos en Dia

Unións Agrarias solicítalle á Agencia de Información y Control Alimentarios a apertura dun expediente sancionador

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/04/2020 3:40 p.m.

A cadea de supermercados Dia anunciou unha oferta de iogures a 12 céntimos (1 pack de 16 unidades a 1,99 euros), o que levou a Unións Agrarias a cursar unha denuncia ante a Agencia de Información y Control Alimentarios, á que insta a abrir un expediente sancionador contra o grupo de distribución.

“É un caso vergoñento de uso do leite como produto reclamo que causa aínda máis indignación por facer coincidir o seu lanzamento en plena crise do Coronavirus, na que os gandeiros están facendo un gran esforzo para manter a cadea de produción de alimentos activa”, valora Unións.

A organización agraria considera que o prezo fixado é “un caso de venda a perdas”, polo que pide a actuación do Ministerio e da Xunta, xa que considera que estes casos son “devastadores” para a formación dunha cadea de valor do leite máis xusta.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

De xeito paralelo, Unións empraza a Dia a retirar a oferta antes de 48 horas, pois do contrario anuncia accións nos supermercados da cadea.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada