Viña

Denuncian a tardanza da Xunta na resolución e pago dos plans de restruturación de viñedo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
10/12/2020 5:08 p.m.

O sindicato Unións Agrarias denuncia que “os viticultores das denominacións de orixe Ribeiro ou Rías Baixas están vendo como axudas concedidas en 2019 por Medio Rural para a mellora e restructuración de viñedo, seguen ser abonadas, o que supón un grave atranco tendo en conta a delicada situación pola que atravesan neste ano de pandemia”.

Unha dificultosa situación que, segundo a organización agraria, “se ve agravada polo feito de que no caso das convocadas en febreiro de 2020, e cuxo prazo de solicitude rematou xa a principios do mes de marzo, seguen sen contar con resolución administrativa para uns traballos nas explotacións que deben estar executados e rematados en maio”. “Se non se activan os expedientes resultará practicamente imposible poder acometer as melloras comprometidas”, advirten.

Ante esta situación, a organización agraria reunirase o luns na Consellería para tratar de desbloquear esta situación que está a provocar unha grande inquedanza entre os produtores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada