Viña

Denuncian que o Ministerio discrimina a Galicia no reparto de axudas ao sector do viño

Loading ad.
Ad could not be loaded.
04/02/2021 7:24 p.m.

A Asociación Galega de Viticultura (AGV – FRUGA), diante da redefinición do Programa de Apoio ao Sector Vitivinícola Español (PASVE) que se está levando a cabo, reclámalle ao Conselleiro do Medio Rural que defenda diante do Ministerio de Agricultura unha reorientación dos fondos que permita que tamén poidan chegar ás pequenas explotacións vitícolas que son a base do sector en Galicia.

Ademáis, reclaman que se reaxuste a medida da promoción en terceiros países, de xeito que se poidan financiar campañas de promoción a nivel interno e europeo ás que poidan ter acceso as adegas pequenas e medianas.

“Cun 4% menos de fondos do PASVE, por mor do recorte orzamentario da nova PAC, e nos tempos de crise que temos por diante é fundamental que se faga chegar parte dos fondos aos puntos máis febles do sector: as persoas viticultoras e as adegas pequenas e medianas. É bo recordar que non é só unha cuestión de supervivencia económica, é que estes tamén son un punto importante na conservación do territorio e fixación de poboación nun rural que se nos está desertizando”, advirten dende a Asociación Galega de Viticultura.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A asociación tamén considera que “é competencia, e responsabilidade, do conselleiro do Medio Rural habilitar os mecanismos necesarios que permitan un maior acceso dos distintos axentes do sector vitivinícola galego aos fondos do PASVE”.

Galicia recibe só un 1,1% das axudas do Ministerio ao sector vitivinícola

Así, lembra que se partimos dos datos oficiais do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), entre outubro do 2019 e outubro do 2020 fíxose un total de pagos 212,7 millóns de euros ao sector vitivinícola do estado español, e dos cales só chegaron ao sector galego 2,4 millóns. “É dicir un 1,1%. Con este volume de inxección de fondos pouco dinamismo se lle pode dar a un sector”, denuncian.

Para a AGV medidas estrela do Ministerio de Agricultura, como son a destilación e a poda en verde, “non son a solución, nin tan sequera paliativa, para o sector vitivinícola galego”. “A vitivinicultura galega necesita que se reorienten e axusten as medidas propostas polo Ministerio de Agricultura”, defenden.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste sentido, a proposta da Asociación Galega de Viticultura pasa por:

- Manter e reforzar a medida de axudas de reestruturación e reconversión do sector.

- Ampliar a medida de promoción en terceiros países, e que se contemple a promoción na UE e a nivel interno, e que se facilite o acceso ás pequenas e medianas adegas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Ampliar as inversións ás explotacións vitícolas e non tan só ás adegas.

- Crear unha medida de axudas que teñan como marco de referencia os obxectivos medioambientais das explotacións.

Por último, dende a AGV tamén se segue a reclamar do conselleiro do Medio Rural que se habiliten fondos extraordinarios, autonómicos ou estatais, de axudas directas para o sector vitivinícola.

E é, tal e como advirten, as pequenas e medianas adegas “están nunha grave situación polo castigo sufrido durante todo o exercicio anterior polo peche do canle HORECA e a caída dos mercados, e que nestes momentos xa está cos traballos preparatorios da próxima colleita sen que se lle vexa saída ás vendas das existencias nas adegas”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada