Desenvolvemento rural

Denuncian que Hacienda queira cobrarlles ás ADS o 21% do IVE polas axudas recibidas

18/05/2016 2:46 a.m.

O sindicato Unións Agrarias denuncia a intención do Ministerio de Hacienda de aplicar a normativa de pago do IVE ás subvencións que perciben anualmente as Asociación de Defensa Sanitaria, (ADS) e que supoñen arredor de un millón de euros. Polas comunicacións da AET que están a recibir estas agrupacións de gandeiros, comunícaselles que deberán contribuír co 21% da axudas percibidas en concepto de IVE e deberán facelo con carácter retroactivo de catro exercicios fiscais.

Dende UUAA lembran que “as ADS supoñen un pé fundamental no desenvolvemento e mantemento dunha cabana gandeira de calidade xa que son a primeira liña de traballo en temas tan importantes como a sanidade animal”. Por iso, a organización agraria considera que “supón unha grave irresponsabilidade detraer fondos da súa actividade co único obxectivo de facer cadrar a martillazos impositivos o déficit público que desde Bruxelas se lle reclama ao Goberno”.

Etiquetado
Ir a la portada