Leite

Denuncian que a campaña de Carrefour/Cepsa é un insulto aos gandeiros

Carrefour e Cepsa regalan 6 bricks por cada 10 euros de gasto en combustible. UUAA convida ós produtores a pagar en reciprocidade, a gasolina con leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/07/2015 6:46 p.m.

O sindicato Unións Agrarias denuncia “a total falta de sensibilidade e respecto aos gandeiros” que se desprende da campaña de "banalización do leite" que tanto Carrefour como Cepsa puxeron en marcha regalando 6 bricks por cada 10 euros de gasto en combustible, (aproximadamente 6 litros de gasolina). A organización agraria convida aos produtores lácteos a que “en xusta reciprocidade, abonen o custe dos seus repostaxes coa mesma moeda, en litros de leite”.

O sindicato chama aos consumidores e consumidoras que “fagan unha compra responsable e solidaria coas familias de gandeiros que teñen que malvender a súa produción para que os donos de empresas como, Carrefour, Día, Eroski, Lidl ou Gadis sigan engordando as súas contas bancarias”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada