Leite

Denuncian ofertas en Canarias de leite a 0,49 euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/09/2016 10:04 a.m.

O sindicato Unións Agrarias detectou varias ofertas de leite en supermercados da cadea Dinosol, unha cadea rexional das Illas Canarias, a prezos de promoción de 49 céntimos, o litro o que contravén o Protocolo de Banalización aprobado no seo da INLAC para evitar o uso do leite como produto reclamo.

A organización agraria acusa a Dinosol de realizar “prácticas fraudulentas”, polo que de non retirarse de inmediato a citada promoción, anuncia que “vai presentarse a correspondente denuncia na INLAC para poñer freo a este modelo de actuación  comercial completamente tóxico para a supervivencia do sector lácteo”.

Petición ao Ministerio e á Xunta para que freen as campañas de banalización do leite

O Protocolo de Banalización forma parte dos acordo lácteo de setembro de 2015 e de acordos posteriores dentro da interprofesional láctea, para mellorar o funcionamento da cadea de valor do leite e evitar a venda ao consumidor de leite a prezos moi por debaixo do considerado prezo sostible, -estimado en 0,60 euros o litro- que poñan en perigo os elos máis febles da cadea.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Unións esixe unha vez máis as administracións que “vaian máis alá das grandes declaracións de apoio o sector e que fagan o seu traballo de fiscalización destas actitudes comerciais devastadoras para a formación dunha cadea xusta de valor para o leite”.

Por último, a organización agraria esixe tanto a ministra de Agricultura en funcións como a conselleira de Medio Rural que “poñan freo as campañas de banalización que teñen como único obxectivo de forzar novas caídas na cotización do leite”. “Unhas baixadas -advirten- que por outra parte son completamente artificiais xa que os movementos internacionais apuntan cara unha recuperación dos prezos e de feito as cisternas Spot  de leite líquido en Holanda pasaron de 27,5 euros/litro a 29,5 euros/ litro e en Italia tamén se reflicten subas de 25,7 euros a 32 euros, no mesmo marco temporal dos produtos industriais”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada