Leite

Denuncian a Inleit por modificar de xeito ilegal os contratos dos gandeiros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/07/2020 5:31 p.m.

Unións Agrarias presentou o pasado 16 de xullo unha denuncia diante da Axencia de Información y Control Alimentarios (AICA), dependente do Ministerio de Agricultura, contra a empresa Inleit Ingredients por “modificar de xeito unilateral os contratos cos gandeiros para forzar a baixa no prezo do leite en orixe”.

A firma situada no Polígono de Teixeiro-Curtis, veu enviando ás arredor de 150 ganderías galegas ás que lle recolle o leite notificacións nas que informa que cancela os acordos asinados nos meses de abril e maio que tiñan unha duración dun ano e unha cotización fixa de 295 euros por cada 1.000 litros vendidos.

“Modifica o tipo de prezo, de fixo a variable, impoñendo unilateralmente unha baixada de 2 céntimos. Establece como data de entrada en vigor o 1 de xullo de 2020, posterior en moitos casos á recepción da comunicación por parte do gandeiro ,e modifica a data de finalización do contrato ao reducir a duración a 3 meses, renovables automáticamente incumprindo a duración mínima dun ano. Tendo en conta estas anomalías é evidente que non reúne as condicións formais, establecidas no RD95/2019 para as ofertas de contrato”, argumentan dende Unións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ante esta situación, que considera “contraria a normativa vixente que se recolle na Lei de Cadea Alimentaria”, a organización agraria solicita á AICA que realice todas as comprobacións necesarias e se poña fin á conducta denunciada, que se declare a validez dos contratos vixentes o 30 de xuño de 2020, e se anulen os que teñen data de entrada en vigor el 1 de xullo de 2020.

Do mesmo xeito UUAA, pide que se investigue, garantindo o anonimato dos gandeiros para evitar represalias, a maneira na que Inleit Ingredients SLU obtivo a sinatura por parte dos produtores e se comprobe a veracidade do “mutuo acordo” e a incoación dos correspondentes procedementos sancionadores. Tamén se solicita que a organización denunciante sexa notificada de cantas actuacións se realicen así como das resolucións que se diten.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada