Viña

A denominación de orixe Ribeiro identificará ós viños elaborados con castes autóctonas

O Consello Regulador amparará tamén os viños escumosos elaborados con variedades preferentes. Medio Rural modifica o prego de condicións da denominación, un trámite pendente do visto bo da Comisión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/01/2017 12:33 p.m.

A Consellería do Medio Rural acordou modificar o prego de condicións da denominación de orixe Ribeiro, co fin de adaptalo ás necesidades actuais do mercado e ampliar a oferta dos seus produtos. A medida queda agora pendente da súa ratificación por parte da Comisión Europea. Entre os cambios máis significativos, está a decisión de identificar os viños elaborados con castes autóctonas.

Así, os viños elaborados coas variedades preferentes levarán a mención 'castes' na súa etiqueta. Tamén se permitirá que os viños sometidos a procesos de envellecemento en barricas inclúan a mención 'barrica', sempre e cando estean elaborados con variedades preferentes de uva.

Por outra banda, a denominación de orixe amparará ós viños escumosos de calidade, que deberán ser elaborados só con uvas brancas ou tintas de variedades preferentes (autóctonas), non podendo utilizarse as variedades autorizadas (si permitidas para a elaboración de viños).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cambios nas varieadades
En canto á clasificación de variedades, Medio Rural, por demanda do sector, decidiu excluír a macabeo das variedades de uva branca, xa que non se considera representativa da zona; e incluír as variedades lado e caíño branco nas castes autóctonas de uva branca pola súa boa adaptación á contorna agroclimática e ós sistemas de cultivo tradicionais na comarca.

Densidade de plantación
No novo prego de condicións, a Consellería establece unha densidade de plantación mínima de 3.000 cepas / hectárea, modificando o anterior requisito, que recollía unha densidade máxima de 7.000 cepas / hectárea. Este novo requisito, sinala a Xunta, establécese para ser “coherentes coa realidade actual e consecuentes coa tradición da denominación de orixe Ribeiro”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada