Desenvolvemento rural

Dende hoxe pódense volver solicitar queimas agrícolas e forestais en Galicia

08/11/2022 4:28 p.m.

A Xunta reactiva desde hoxe mesmo as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na comunidade, tanto dende a web habilitada como a través do teléfono 012.

En concreto, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”. 

Mentres, aos interesados que chamen ao 012 para comunicar a queima preguntaráselles tamén ao respecto, para que confirmen se se trata do tipo de material e circunstancias indicadas e poder continuar co proceso de comunicación. Nesa liña, cómpre lembrar que a comunicación debe efectuarse con dous días de antelación.

A maiores, tamén se retoman desde hoxe as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.

Etiquetado
Ir a la portada