Viña

Demandan axudas da Xunta para que as adegas podan pagar en 30 días

O secretario de Unións Agrarias na DO Rías Baixas advirte de que “a AICA realizará inspeccións de oficio nas adegas para verificar o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria”. Pide que a Xunta se involucre para que as adegas podan cumprir cos pagos a 30 días.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
29/07/2015 10:25 a.m.

O secretario xeral de Unións Agrarias na Denominación de Orixe Rías Baixas, Manuel Ángel Dopazo, demandou onte en rolda de prensa o apoio por parte da administración, e especialmente da Xunta de Galicia, para que as adegas da denominación podan cumprir cos prazos de pago aos viticultores que establece a Lei da Cadea Alimentaria.

Dopazo lembrou que “o propio presidente da AICA -Axencia de Información e Control Alimentario- advertiu de que esta vendima farán controis de oficio nas adegas para verificar o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria”. A norma, establece que para as compras de uva por importe superior aos 2.500 euros as adegas terán que asinar obrigatoriamente co viticultor un contrato no que figurarán o prezo e o prazo de pagamento. Este non deberá exceder os 30 días dende o remate da entrega das uvas, aínda que, segundo avanzou Dopazo, “parece que para as Denominacións de Orixe se vai admitir un recurso presentado polas adegas para que o prazo de pago conte dende a calificación da uva, que ven sendo como moi tarde o 10 de decembro, co que nos situaríamos no 10 de xaneiro como data límite de pago”.

Manuel Ángel Dopazo amosou o seu apoio a estes prazos “xa que nos últimos anos vemos como os viticultores cobramos cada vez máis tarde, ata dous anos despois da entrega da uva, e incluso constatamos como algunhas adegas se financian a costa dos viticultores”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“A administración non debe permitir que peche ningunha adega por non cumprir a lei”

O responsable de Unións Agrarias en Rías Baixas recoñece que “estes novos prazos de pago, de entre dous e tres meses despois da entrega da uva no caso das DO, poden provocar que as adegas teñan dificultades financeiras para facerlles fronte”.

Neste sentido, instou á Xunta de Galicia “a que poña as medidas necesarias para que as adegas podan financiarse e cumprir a lei”. Puxo como exemplo as liñas de financiamento do IGAPE que ata o 2013 lle adiantaban o diñeiro ás adegas para cumprir cos contratos homologados no sector do viño.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Non queremos que ningunha adega peche por non poder cumprir a lei no relativo aos prazos de pago, e a Administración non debe permitilo”, subliñou.

Por último, o secretario de Unións Agrarias en Rías Baixas lembrou que “as sancións da AICA por incumprir a Lei de Cadea Alimentaria van dende os 3.000 euros por cada viticultor, para as faltas leves, ata os 100.000 para as graves”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada