Leite

Deleite organiza en Santiago o primeiro Festival do Leite

O evento, no que participarán unha decena de grupos galegos, desenvolverase o sábado 17 de setembro no parque de Belvís. O Festival nace coa vocación de ser itinerante e no 2017 celebrarase en Lugo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/08/2016 9:03 a.m.

Deleite, a marca propiedade dun grupo de gandeiros galegos, vai organizar de xeito anual o Festival do Leite, un evento co que quere poñer en valor a importancia estratéxica do sector lácteo galego. En Galicia víñanse celebrando máis de 400 festas gastronómicas e preto de 300 feiras sectoriais ou multisectoriais, pero non había ningún evento adicado ó produto agrario que máis aportou historicamente á economía de Galicia, como é o leite.

A primeira edición do Festival celebrarase en Santiago de Compostela, no Parque de Belvís, o sábado 17 de setembro. O evento será itinerante e en próximos anos chegará a outros puntos da comunidade. Para o 2017, está prevista a súa celebración en Lugo.

A marca, propiedade dun grupo de gandeiros, quere poñer en valor a importancia estratéxica do sector lácteo para Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O Festival do Leite está organizado e promovido por Deleite, unha marca que volveu ó mercado o pasado mes de maio. O retorno de Deleite está impulsado por Leite Noso, unha sociedade constituida por un grupo de gandeiros galegos que se xuntaron para asumir de xeito directo o reto de comercializar o seu leite, sen intermediación dunha industria. A marca caracterízase por asinar coas súas granxas proveedoras contratos estables a un ano a prezos superiores á media do sector (28,5 céntimos litro de base máis calidades e outros complementos).

Os detalles da primeira edición do Festival do Leite presentáronse onte en Santiago nunha rolda de prensa na que participaron Patricia Sánchez, xerente de Leite Noso, S.L, a sociedade propietaria da marca Deleite; o actor Xosé Antonio Touriñán, imaxe da campaña promocional da marca; e Manuel Tarrío, responsable da empresa produtora do festival.
 
Obxectivos
Os obxectivos declarados por Deleite, coa posta en marcha do Festival do Leite, son os seguintes:

- Dar a coñecer e poñer en valor a gandería galega. En Galicia existen aínda arredor de 9.000 explotación gandeiras que viven directamente do leite. O emprego xerado no conxunto do sector lácteo galego ronda, segundo diversos estudos, as 50.000 persoas. Galicia está entre as dez rexións da UE con maior produción de leite e aporta o 40% da produción láctea española.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Reivindicar o sector leiteiro como estratéxico e de vital importancia para a economía do rural galego. A súa pervivencia é necesaria e clave para a economía galega.

- Celebrar que en Galicia hai un leite de calidade, producido por gandeir@s moi profesionais e con talento, que conforman un sector moi dinámico que está a organizarse e que non se queda estático mentras desaparecen explotacións e industrias.

- Manifestar o compromiso de Deleite coa cultura galega, en todos os seus ámbitos, así como a vocación solidaria da marca.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cartel
O cartel do Festival do Leite, de acordo con esa filosofía, céntrase na promoción de grupos galegos. Integran o cartel Novedades Carminha, Eladio y los Seres Queridos, Familia Caamagno, Ataque Escampe, Los Árboles, Los Chavales, Oh Ayatollah, Os da Ría e Tony Lomba.

Novedades Carminha, Ataque Escampe, Os da Ría ou Familia Caamagno son algúns dos grupos que integran o primeiro cartel

O evento comezará o sábado 17 de setembro a partir das dúas da tarde cunha sesión vermouth a cargo de Os da Ría e Tony Lomba. A pretensión é que o Festival funcione a modo de romería e teña asistentes de tódalas idades, familias e nenos incluidos, que poidan pasar a tarde-noite escoitando a algunhas das mellores bandas galegas do momento. Haberá postos de comida.

A entrada ó Festival é de balde, pero pídeselle ós asistentes que, se lles é posible, aporten nos puntos de acceso alimentos de primeira necesidade (arroz, pastas, galletas, leite infantil, etc.) con destino á Federación Galega de Bancos de Alimentos, coa que vén colaborando periodicamente Deleite desde a súa saída ó mercado.

O Festival do Leite concíbese como un evento solidario. Todos os beneficios que se obteñan coas barras e co merchandising destinaranse este ano a ONGs que traballan cos refuxiados que están a chegar a Europa.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada