Desenvolvemento rural

Delagro recibe premio á mellor iniciativa cooperativa de 2015 polo Complexo Industrial das Pontes

Os premios entréganse hoxe en Santiago, con motivo do Día do Cooperativismo na Cidade da Cultura.

04/07/2015 10:18 a.m.

Delagro S. Coop., cooperativa de segundo grao que opera en Asturias, Cantabria e Galicia, participou na convocatoria do Concurso Iniciativas Cooperativas 2015 co seu proxecto de Complexo Multidisciplinar para Fabricación e Distribución de Fertilizantes das Pontes. A planta industrial conta unha con capacidade de produción de 50.000 toneladas de fertilizantes e un punteiro sistema loxístico que permite a almacenaxe, distribución e control, a tempo real, de insumos agrarios ás 27.000 familias asociadas a Delagro en Asturias, Cantabria e Galicia.

O premio á Mellor Iniciativa Cooperativa, impulsado pola Xunta de Galicia a través do Conselo Galego de Cooperativas con motivo da celebración do Día Internacional do Cooperativismo, entrégase hoxe na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

A iniciativa premia aqueles proxectos que mellor reflicten os valores de colaboración e crecemento social e económico a nivel local e, en particular, rural, que supón o cooperativismo e que máis significativamente contribuísen ao desenvolvemento deste en Galicia.

Etiquetado
Ir a la portada