A cooperativa de segundo grao DELAGRO acaba de presentar BLUE STAR, un novo fertilizante NPK granulado que, grazas á incorporación da tecnoloxía CONTRIBUTE® TECHNOLOGY de Alltech Crop Science, logra incrementar a actividade microbiolóxica do solo, favorecendo que as plantas absorban mellor os nutrientes, o que redunda nun incremento das colleitas en cantidade e calidade nutricional.
Que é BLUE STAR?
BLUE STAR é un fertilizante que no seu proceso de fabricación incorpora a tecnoloxía CONTRIBUTE® na súa formulación, permitindo incrementar a microbiota do solo e facilitar a absorción de nutrientes, proporcionando ás plantas os macronutrientes e micronutrientes necesarios para o bo desenvolvemento e bioestimulación dos cultivos.
Desta forma, ao mellorar a eficiencia das plantas na captación e aproveitamento dos nutrientes dispoñibles na terra, BLUE STAR contribúe a unha agricultura máis sustentable, reducindo a pegada de carbono e as perdas de fertilizantes ao medioambiente. BLUE STAR é, por tanto, un fertilizante que vai na liña das novas esixencias ambientais das axudas da PAC.
Que vantaxes ten BLUE STAR?
A súa aplicación achega as seguintes vantaxes ao cultivo:
-Promove o crecemento da microbiota do solo.
-Incrementa a dispoñibilidade de nitróxeno para as plantas durante todo o período de cultivo, aumenta a absorción polas raíces e reduce a lixiviación, permitindo aumentar o contido de proteína nos cultivos onde se aplicou.
-Xera encima fosfatasa, que solubiliza fósforo insoluble presente no chan, facilitando a absorción pola planta.
-Estimula o desenvolvemento e crecemento vexetativo das plantas, promovendo un maior desenvolvemento radicular.
-Produce auxinas, estimulando a nodulación e aumentando a absorción de nutrientes vía radicular.
-Reduce a tensión abiótica debido a factores como a temperatura e incrementa a eficiencia da auga.
-Mellora parámetros de produción e calidade do cultivo.
-Adaptación ás medidas ambientais, pegada de carbono e sustentabilidade.
-Produto innovador pola súa formulación e beneficios achegados ao cultivo.
-Optimiza a fertilización e os seus custos.
Como aplicamos BLUE STAR?
Pode ser aplicado directamente ao solo, ben sexa esparexido a voleo en superficie, en fondo ou localizado.
-Pradeira:
Como abono de fondo, na implantación do cultivo.
En coberteira, unha aplicación en cada corte.
-Millo:
Como abono de fondo: previo á implantación do cultivo.
-Cereais:
Aplicar como abonado de fondo ou coberteira.
-En cultivos hortícolas:
Recoméndase realizar unha aplicación ao comezo do cultivo como abonado de fondo.
-Cultivos leñosos:
Aplícase unha vez ao ano, entre o letargo e comezo de hinchazón das xemas ou en períodos de máximo desenvolvemento vexetativo.
Almacenamento e conservación:
Almacenar en lugar seco e illado da calor e chamas.
Conservar en colector orixinal, pechado herméticamente e coa etiqueta intacta.
Conservar en lugar fresco e ventilado a temperaturas entre 5-40ºC
As recomendacións que facilitamos son froito de amplos e rigorosos ensaios realizados.
A empresa garante a composición, formulación e contido.