Noticias de empresa

Delagro incorpora o protocolo para a detección e tratamento de violencia de xénero na súa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa

21/03/2017 3:40 p.m.

A cooperativa Delagro, comprometida coa Responsabilidade Social dentro da empresa, incorporou o protocolo para a detección e tratamento de violencia de xénero na contorna laboral, sumándose así ás máis de 200 entidades galegas que xa o están facendo, quedando constancia desde o pasado venres no acto de entrega de acreditacións celebrado en Santiago de Compostela, ao que asistía, entre outras autoridades, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

O obxectivo deste protocolo, cuxa iniciativa parte da Unión Europea e que está a ser apoiada desde a Administración co fin de implicar ás empresas, asociacións, federacións, colexios profesionais e outras entidades, é detectar e previr as posibles situacións de violencia de xénero nos lugares de traballo. Xa son máis de 400 as empresas que, en toda España, incorporaron, de forma voluntaria, esta acción dentro da súa Responsabilidade Social Corporativa.

No acto participaron, ademais de Rueda, a delegada territorial da Asociación española de auditores socio-laborais, María Ángeles García, e o seu presidente, Juan Pañella; a delegada do Goberno para a violencia de xénero, María José Ordóñez; e a presidenta do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), Ángeles Carmona.

Etiquetado
Ir a la portada