Noticias de empresa

Delagro ensaiará en 2018 un novo sistema de cultivo do millo forraxeiro

28/12/2017 12:04 p.m.

A cooperativa Delagro realizará en 2018 varios campos de ensaio en Galicia e na Cornixa Cantábrica cun novo sistema de cultivo do millo forraxeiro.

Así o acordaron o pasado martes os técnicos do departamento de produción vexetal de Delagro nunha reunión celebrada nas Pontes e á que tamén asistiron os técnicos de campo das cooperativas que forman parte de Delagro.

Neste sentido, e dentro da súa estratexia de innovación para mellorar o rendemento dos cultivos dos socios, analizouse un novo sistema de cultivo do millo forraxeiro para rexións húmidas e de clima tépedo.

O novo proceso, que xa está a ser aplicado con éxito en rexións de clima similar ao de Galicia e da Cornixa Cantábrica, caso de rexións de Francia, Alemaña, Chile e de Canadá, consiste en sementar o millo cubríndoo cunha fina capa de plástico biodegradable. Esta capa crea un efecto invernadoiro que mantén ás sementes protexidas nunha contorna favorable durante entre 4 e 6 semanas. Isto permite sementar millo en zonas máis frías e con ciclos máis produtivos.

Os datos que presentou a empresa que patentou este sistema son satisfactorios en canto a nascencia e produción, polo que Delagro decidiu realizar campos de ensaio en diferentes rexións da Cornixa Cantábrica e de Galicia para testar os seus resultados nas nosas condicións e comprobar se resulta rendible estender o seu uso.

[caption id="attachment_56692" align="aligncenter" width="660"] Reunión dos técnicos de Delagro nas Pontes[/caption]

Etiquetado
Ir a la portada