Leite

Decreto de xurros: A Xunta tamén permitirá este ano esparexelos mediante sistemas de abano ou prato

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/01/2019 4:46 p.m.

A Consellería de Medio Rural manterá neste 2019 as excepcións ao Decreto de Xurros do Ministerio de Agricultura que obriga a enterrar o xurro mediante inxectores. Deste xeito, e ao igual que o ano pasado, para recibir as axudas da PAC en Galicia poderán seguir esparexéndose mediante os sistemas de abano ou prato, os máis empregados en Galicia, e penalizarase o sistema de canón.

Así o adiantou a Campo Galego o departamento que dirixe José González: “Con respecto aos xurros gandeiros, para a PAC da campaña 2019 o FOGGA manterá as mesmas excepcións que na campaña 2018”.

Nunhas semanas a Consellería de Medio Rural publicará a convocatoria de axudas da PAC para 2019, nas que se contemplarán as excepcións que establece a Comunidade Autónoma para aplicar o decreto do Goberno Central que impón ao sector gandeiro unhas limitacións co obxectivo de reducir as emisións de amoníaco que se producen pola mala xestión dos xurros gandeiros ou dos fertilizantes químicos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En 2018, e só para aqueles gandeiros que cobran as axudas da PAC, a Xunta de Galicia estableceu que “a aplicación de xurros ou fraccións líquidas de dexeccións non se poderá efectuar con sistemas de aspersión con canón”. “O resto de aplicacións de xurro con sistemas de abano, poderase realizar mentres non se resolvan os condicionantes que deron lugar á súa excepción”, engadiu o pasado ano a norma da Consellería de Medio Rural. Un texto que se repetirá este ano cando se publique no Diario Oficial de Galicia nas vindeiras semanas.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada