Agricultura

Declarados libres da praga da couza da pataca 16 novos concellos das provincias da Coruña e Lugo

Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Cee, Fisterra, Abadín, Muras, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova e Riotorto quedan totalmente excluídos das zonas demarcadas para a corentena e poderán volver plantar o tubérculo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/11/2021 9:41 a.m.

[caption id="attachment_158176" align="aligncenter" width="660"] Trampeo para a detección da couza da pataca no concello de Barreiros, declarado como zona tampón[/caption]

Este martes celebrouse en Santiago unha nova reunión da Comisión de seguimento da couza guatemalteca da pataca, onde os datos acadados das trampas en campo e en explotacións mostran un avance significativo na contención desta praga de corentena, "un paso previo a unha posible erradicación", asegura a Xunta.

Así, tras os últimos datos de capturas, quedan totalmente libres desta praga os concellos de Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Cee e Fisterra. Na provincia de Lugo, saen da zona demarcada os concellos de Abadín, Muras, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova e Riotorto.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En Cariño, A Laracha, Arteixo, Muxía, Burela e Trabada séguese detectando presenza deste organismo nocivo, polo que seguirán permanecendo, ben na súa totalidade ou nalgunha parroquia concreta, na zona infestada

Doutra banda, pasan a considerarse zona tampón a totalidade da superficie dos concellos de Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Narón, San Sadurniño e Valdoviño. Tamén pasan a esta demarcación as parroquias de Bardullas, Buiturón, Caberta, Couceiro, Frixe, Morquintián, Nemiña, Touriñan e Vilastose, do concello de Muxía; así como unha franxa de 5 km limítrofe cos concellos infestados que afecta a parcelas dos municipios de Camariñas, Dumbría e Vimianzo e ás parroquias de Monteagudo, Barrañán e Armentón, no concello de Arteixo; Rebordaos, Vilela e Noicela, no concello de Carballo; Cabovilaño, Lemaio e Torás, no concello da Laracha; Cariño, Feás, Landoi e Sismundi, no concello de Cariño.

En zona tampón os propietarios deberán comunicar antes do 1 de abril as parcelas nas que labraron patacas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Na provincia de Lugo, a zona tampón supón os concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove; ademais das parroquias Balboa, Fórnea, Ría de Abres, Sante, Vidal, Villaformán e Villapena, no concello de Trabada.

En todas estas zonas tampón, os agricultores deberán comunicar inmediatamente despois da sementeira, e en todo caso antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca. En canto aos operadores de pataca de semente deberán levar o rexistro de información dos compradores de pataca de semente e ter instalado no local destinado a almacén trampas de feromona específica para a captura de Tecia solanivora.

Zonas infestadas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Doutra banda, incorpórase a parroquia da Pedra, no concello coruñés de Cariño, á zona infestada pola existencia da praga da couza. Esta área súmase ás parroquias de Sorrizo e Chamín, no concello de Arteixo; de Lendo e Caión, no concello da Laracha; de Nosa Señora A O, Leis, Muxía, Moraime e Ozón, no concello de Muxía. Na provincia de Lugo considérase como zona infestada a totalidade da superficie do concello de Burela e a parroquia de Trabada, no concello homónimo.

Segue detectándose a praga en parroquias dos concellos de Cariño, Arteixo, A Laracha, Muxía, Burela e Trabada, onde está prohibido plantar pataca

En todas estas zonas queda prohibido o cultivo de pataca e os operadores de pataca de semente non poderán ter existencias nin comercializar este tipo de pataca. Tamén se prohibe a saída de pataca de consumo da zona infestada excepto no caso de tránsito, onde o vehículo deberá ir totalmente pechado cunha estrutura ríxida ou cunha lona protectora que se axuste perfectamente coa caixa do camión e impida calquera contacto dos tubérculos co exterior. Se o motivo da entrada de tubérculo na zona infestada é subministrar este produto dentro desa zona, en ningún caso, a pataca que entrou poderá saír de novo da dita zona.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada