Viña

Debate no Parlamento Europeo sobre a autorización do glifosato

Máis de 50 eurodeputados, entre os que figura a galega Lidia Senra (Alternativa Galega de Esquerda), asinan un documento no que piden que se prohíba o herbicida total en Europa

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 14/01/2016 9:39 a.m.

A Comisión Europea terá que decidir este ano sobre se prorroga ou non a autorización de uso do glifosato na UE. O herbicida, que elimina todo tipo de plantas, é o máis utilizado no agro español e tamén a nivel mundial, pero hai dúbidas sobre a súa seguridade para as persoas. Un estudo da Organización Mundial da Saúde concluiu a primavera pasada que o glifosato é "probablemente canceríxeno para humanos"; se bem un estudo posterior da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (Efsa) chegou no outono á conclusión contraria, que non era canceríxeno.

Máis de 50 eurodeputados, entre eles a galega Lidia Senra (Alternativa Galega de Esquerda) veñen de asinar agora unha carta dirixida ó comisario de Saúde e Seguridade Alimentaria, Vytenis Andriukaitis, na que lle solicitan que non se prorrogue a autorización de uso do glifosato en Europa. Os eurodeputados cuestionan a resolución da EFSA, á que vinculan cos grandes lobbies da agroindustria, e instan á Comisión a cancelar a autorización para o uso do herbicida total en Europa.

En España, as autorizacións vixentes para o glifosato, que expiraban a finais do 2015, foron prorrogadas ata xuño do 2017, á espera do que decida este ano a Comisión Europea.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada