Noticias de empresa

De Heus renova a imaxe dos seus produtos Biona e Pasaranda para aves e coellos

A multinacional holandesa afronta os retos da distribución a través das súas marcas Liña Ouro e Liña Verde, que levan décadas posicionadas no mercado, para seguir medrando xunto a miles de pequenos produtores de carne e ovos

Campo Galego 08/09/2020 8:26 p.m.

[caption id="attachment_126169" align="aligncenter" width="660"] Nova imaxe dos produtos Liña Ouro Biona y Liña Verde Pasaranda de De Heus[/caption]

Os emblemáticos produtos de Liña Ouro de Biona e Liña Verde de Pasaranda presentan este mes a súa nova imaxe co obxectivo de seguir ofrecendo solucións nutricionais de proximidade para avicultores e cunicultores. Ámbalas marcas suman décadas posicionadas como líderes en distribución de alimentación animal e demostran que seguen innovando para distribuír pensos de calidade no mercado español.

As marcas pertencentes á multinacional holandesa De Heus refrescan a súa imaxe para “contribuír á evolución de máis de 800 puntos de venda da rede de distribución rural e renovar a confianza de miles de produtores”. “Queremos seguir achegando valor á cadea de distribución e seguir tecendo relacións de confianza ao longo dos anos”, explica Jaime Alcañiz, xefe de produto e distribución en De Heus Nutrición Animal.

Trátase dunha gama de produtos histórica que cada ano produce máis de 40.000 toneladas de penso, que saen na súa totalidade das fábricas que De Heus ten en España. Desde a compañía destacan que tanto a Liña Ouro de Biona como a Liña Verde de Pasaranda representan a tradición dunhas marcas que naceron para ofrecer solucións a negocios familiares que producen carne e ovos.

A mesma filosofía que hai décadas pero innovando

“Son dúas marcas fundamentais no portfolio de produtos de De Heus, que supoñen unha grande achega á nosa misión de colaborar cos produtores para avanzar, conservando a mesma filosofía coa que naceron hai décadas: a de proximidade ás necesidades dos nosos clientes. Doutra banda, en De Heus pensamos que a tradición non está rifada coa innovación. O proceso de mellora continua guía os nosos sistemas de produción, que evolucionan para incorporar os coñecementos do grupo De Heus para mellorar a saúde dixestiva e o benestar dos animais”, sinala Jaime Alcañiz.

Dentro dos novos sacos seguirémonos atopando os pensos de sempre, sometidos aos máis esixentes estándares de calidade, en diferentes presentacións para adaptarse a cada consumidor. “Traballamos con ingredientes coidadosamente seleccionados. Con eles elaboramos pensos e mesturas únicas de cereais escollidos e sementes de oleaxinosas, enriquecidas con vitaminas, minerais e aceites esenciais, que proporcionan os nutrintes que os animais necesitan para un óptimo desenvolvemento”, destacan desde esta empresa, que incrementou de forma notable a súa presenza en España nos últimos anos.

Etiquetado
Ir a la portada