Noticias de empresa

De Heus presenta unha innovadora ferramenta para deseñar plans de alimentación avícola “á carta”

Permite adaptar a formulación nutricional e as recomendacións de manexo ás necesidades xerais de cada modelo de produción avícola (tanto de carne coma de posta e cinexético), mellorando deste xeito os resultados económicos das explotacións

Campo Galego 30/06/2020 4:44 p.m.

De Heus presenta DTF, unha innovadora ferramenta para deseñar plans de alimentación avícola “á carta”. Froito de anos de investigación e experiencia práctica a nivel de campo, De Heus creou DTF (Dynamic Total Feed), un programa de formulación nutricional especializado en avicultura, deseñado para adaptarse ás necesidades de cada tipo de produción, e co que ofrece un asesoramento completo ao cliente que inclúe tamén recomendacións de manexo.

“En De Heus non deixamos de investigar e de buscar novos instrumentos que nos permitan achegarnos aos requirimentos nutricionais específicos de cada especie, aliándonos coa tecnoloxía para ofrecer a máxima eficiencia aos nosos clientes. Por iso creamos DTF, unha ferramenta que nos permite ofrecer unha máxima calidade e rendibilidade no sector avícola”, explica Luís Sevilla, xefe de produto de Avicultura e Cunicultura en De Heus.

En palabras de Sevilla, “DTF é unha ferramenta que nos achega toda a información e as recomendacións necesarias para a creación de programas de alimentación completos, e que ademais nos ofrece a posibilidade de personalización en función das necesidades de cada cliente”.

O noso obxectivo é garantir a viabilidade económica dos nosos clientes, ao poder determinar unha composición nutricional na que se calcula ao detalle a cantidade ideal de aminoácidos, enerxía, minerais e demais nutrintes

Desde a compañía destacan que, con esta ferramenta, conseguen poñer en valor o coñecemento e experiencia no sector avícola dos seus especialistas, de forma que logran mellorar a eficiencia alimentaria por parte das aves. “Grazas a DTF podemos customizar a mellor solución nutricional logrando axuntar unha cobertura completa e eficiente das necesidades fisiolóxicas das aves coa posibilidade de adaptarnos aos obxectivos comerciais e de rendibilidade dos avicultores”, destaca Luís Sevilla.

Mellora da saúde e o benestar animal e redución de antibióticos

Coa implementación deste programa, De Heus garante unha maior saúde e benestar animal, ao ofrecer un asesoramento global que non só abarca aspectos nutricionais, senón tamén de manexo adaptado ás necesidades específicas de cada explotación. Neste sentido, destaca a contribución de DTF a unha maior seguridade alimentaria, ao permitir unha redución do uso de antibióticos.

“O noso obxectivo é garantir a viabilidade económica dos nosos clientes, mellorando os seus resultados técnico-económicos ao poder determinar unha composición nutricional na que se calcula ao detalle a cantidade ideal de aminoácidos, enerxía, minerais e demais nutrintes. Desta forma, conseguiremos alcanzar as metas previstas en canto a consumos medios diarios, ganancia media diaria, índice de conversión ou uniformidade de lote”, detalla Luís Sevilla.

Podemos adaptar o plan nutricional e de manexo en función do gramaje do ovo desexado, da cor e saturación da xema e da raza e estirpe dos animais e tipo de produción

“Todo o equipo de De Heus, desde os expertos en formulación ata os técnicos de campo, traballamos para deseñar programas personalizados. Con DTF podemos adaptar o plan nutricional e de manexo, por exemplo en función do gramaje do ovo desexado, en función da cor e saturación da xema do ovo desexada, e en función da raza e estirpe dos animais e tipo de produción, empregando sempre o tamaño de partícula e a estrutura óptima do penso para fomentar a saúde intestinal e unha boa capacidade de inxesta”, conclúe o xefe de produto de Avicultura e Cunicultura de De Heus.

Etiquetado
Ir a la portada