Noticias de empresa

De Heus Nutrición Animal promociona os beneficios do seu plan de recría de xovencas

A firma de pensos patrocina o 38 Concurso Nacional de Conafe de raza frisona, que se celebrará no marco da feira Agropec

De Heus 25/09/2017 7:47 p.m.

Para axudar ás xovencas durante o seu crecemento, seguindo a estratexia de alimentación máis óptima e axeitada á situación empresarial concreta de cada gandeiro, a multinacional De Heus Nutrición Animal conta co Plan KALIBER de Recría de Xovencas, e que esta semana traerá, a AGROPEC, a Feira do Campo e das Industrias Agrícolas, Gandeiras, Forestais e Pesqueiras, que se celebra en Xixón.

O obxectivo de De Heus é ofrecer a profesionais información de primeira man sobre as vantaxes e beneficios do seu plan Kaliber. Todos os gandeiros desexan preservar a saúde das súas vacas leiteiras e garantir así unha produción óptima. A investigación demostrou que os animais que desenvolven un bo esqueleto sen engordar teñen unha maior capacidade produtiva durante a súa vida.

O Plan de Recría de Xovencas Kaliber é un ambicioso programa de cría baseado en anos de coñecemento e experiencia. Céntrase nos 24 meses de vida do animal e está deseñado para recriar xovencas dunha maneira saudable e económica.
Gandeiros, agricultores e empresas do sector agropecuario procedentes de distintos puntos de España chegan a Xixón para participar nunha nova edición da feira AGROPEC 2017, que se celebrará desde o 29 de setembro ao 1 de outubro no Recinto Feiral Luís Adaro.

Sobre De Heus
De Heus, con sede en Ede (Países Baixos) é unha empresa familiar especializada no desenvolvemento, produción e comercialización de produtos de alimentación para animais. Desde a súa fundación en 1911, a compañía medrou ata converterse nun dos principais actores da industria de pensos compostos a nivel mundial.

A finais de 1990, De Heus iniciou un proceso de expansión internacional que a levou a estar presente en máis de 50 países, a través de empresas propias en Países Baixos, Polonia, Rusia, a República Checa, Exipto, Etiopía, Sudáfrica, Brasil, Vietnam, Serbia e España; de alianzas estratéxicas, como a acadada con Wellhope Agri-Tech Co Ltd para o mercado chinés; ou mediante a exportación dos seus produtos a diversos mercados, especialmente de Europa do Leste, África e Oriente Medio.

A compañía conta na actualidade con 4.200 empregados en todo o mundo, 500 deles en España, e exporta os seus produtos a 50 países.

Etiquetado
Ir a la portada