Viña

Danos de black-rot na Ribeira Sacra e recomendación de precaucións co oídio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/07/2019 11:43 a.m.

A situación sanitaria do viñedo é satisfactoria a estas alturas de campaña, con escasos problemas de mildio, aínda que cómpre prestar atención ó oídio, segundo o último aviso fitosanitario da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, para Rías Baixas. Na Ribeira Sacra, preocupa o black-rot, que está a causar danos nas últimas semanas.

Areeiro informa de que os danos detectados polo mildio foron escasos esta semana, a penas algunhas manchas nos puntos que quedan menos expostos ós tratamentos. Dado o desenvolvemento dos acios, que nalgunhas variedades temperás comezan xa a cambiar de cor, espérase que esta enfermidade fúnxica non teña xa impacto na colleita, a pesar do tempo favorable ó seu desenvolvemento nos próximos días, con chuvias e temperaturas menores a 30 graos.

En calquera caso, pode ser preciso tratar ou renovar os tratamentos tras as chuvias que se esperan para este fin de semana. Dependerá das circunstancias específicas de cada finca, tendo en conta factores coma se son habituais os problemas de mildio e se as chuvias lavan o último tratamento realizado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste momento da campaña, Areeiro recomenda centrar as observacións sobre o oídio, pois este é a fase máis delicada en relación a esta enfermidade, non só polos danos directos que pode provocar sobre o acio, senón os indirectos, coma podremias. Nas fincas que teñan síntomas, haberá que aplicar un último tratamento tras as choivas desta fin de semana. Areeiro recomenda tamén non descuidar as labores de aireación e iluminación dos acios.

En canto a botrite e black-rot, non se observan polo de agora síntomas, pero haberá que estar pendentes, xa que o tempo destes días será favorable para ambos problemas.

Na Ribeira Sacra, onde este ano tampouco se están a rexistrar problemas de mildio, o black-rot xa está a presentar problemas nas últimas semanas nos viñedos, segundo advirten técnicos coma Emilio Xosé González, de Enonatur.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada